Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Comunicación  |  RSS - Comunicación RSS

curioso

Despedida unha presentadora por conducir un espazo en laSexta ebria

08.07.2006 Os momentos "estelares" na rede

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. P.D

A produtora holandesa 3 Circis Media despediu unha das presentadoras de Juego TV, un concurso de chamadas telefónicas que laSexta emite en directo en horario nocturno.

O espazo, que se grava directamente desde os Países Baixos, é presentado por catro mulleres, unha das cales, a española Diana Alonso, foi despedida recentemente por petición da cadea, tras considerar que Alonso conducía o formato nun notable estado de embriaguez. Algúns deses momentos "estelares" foron colgados en internet no portal youtub.com.

Tras revisar os vídeos en que a presentadora española animaba o concurso presuntamente ebria, laSexta púxose en contacto directamente coa produtora para solicitar o despedimento automático da moza, petición que se fixo efectiva ó pouco tempo da chamada da canle.

Juego TV é un programa que se produce e grava nos Países Baixos e que se distribúe en directo para varios países. O formato en cuestión nútrese dunha serie de concursos telefónicos -sopa de letras, ABC, a palabra perdida- e os concursantes poden gañar ata en 5.000 euros.

O programa, que laSexta emite na súa programación de 2.30 a 4.30 horas, era ata agora presentado por catro mozas de nacionalidade holandesa -Eva Donker-, colombiana -Ingrid Carolina Ríos- e venezolana -Jairam Navas-, ademais da propia Alonso.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS