Xoves 29.07.2010
| Actualizado 18.52
Hemeroteca web
|
RSS
Antena 3 estreou o mércores sen acerto a nova serie de Ana Obregón, Ellas y el sexo débil. A ficción de BocaBoca aterrou no prime time do mércores cun discreto rexistro, empeorando esta franxa da cadea en 4.6 puntos de cota respecto ó que viña colleitando El Peliculón durante as últimas semanas (media do 20.7% cos filmes Última llamada, Cold mountain e Caza al terrorista).
Claro que, entón, non tiña en fronte á veterana Hospital Central, que estreou nova situación en mércores varrendo a competencia e practicamente dobrando o resultado de Ana Obregón. A serie de Telecinco superou o 30% de cota de pantalla e rozou os 5 millóns de fieis, co seu minuto máis visto ás 23:20 horas. Tamén Pratos Combinados, cun 18,3% de cota superou a serie da Obregón (16,1%).
Desta forma, a contraprogramación da cadea privada xurdiu efecto xa que non só eclipsou por completo á estrea de Ellas y el sexo débil, senón que mellorou o seu prime time deste día en nada menos que 11.3 puntos de share respecto do que obtivo o concurso-reality que presenta Manel Fuentes, El desafío bajo cero, no seu arrinque da semana pasada. Antena 3 loitou en todo momento polo éxito da serie de Ana Obregón. Mesmo ó acabar o primeiro capítulo trataron de manter o interese amosando como se fai a serie. Na súa presentación Ana Obregón arremetou contra Hospital Central. "A quen lle interesan as vísceras e o sangue (con referencia a serie de Telecinco)...", asegurou a actriz nun intento desesperado por manter a audiencia.
TVE-1, pola súa parte, segue como terceira opción coa nova temporada de Perdidos. A serie norteamericana repetiu practicamente os frouxos datos do seu regreso do mércores pasado (0.1 puntos máis de cota de pantalla no seu primeiro capítulo pero 1.3 puntos menos no segundo).
En Cuatro, o reality show de Judit Mascó, Supermodelo 2006, cede medio punto con relación á súa última gala pero segue por encima da media da cadea (1.6 puntos máis). En La 2, o contedor de cine Off cinema baixa nove décimas.
"Foi unha manobra moi sucia"
Ana Obregón declarou que a manobra de T5 foi moi sucia. "Téñenme medo. Non me importaría que me puxesen unha serie de moita audiencia ó sexto ou sétimo capítulo, cando a miña se consolidase un pouco, pero non dun día para outro como o fixeron, porque non estamos en igualdade de condicións. Creo que ó final pagarán as consecuencias", dixo. Tamén considerou que "a Zapatero penso que lle vai gustar moito a miña serie", na que son presidenta.