Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Comunicación  |  RSS - Comunicación RSS

docu-show

"A casa de 1906" chega mañá á pantalla da TVG

17.10.2006 Dúas familias galegas actuais viaxan cen anos atrás no tempo para convivir durante sete semanas en casas pareadas ·· Terán que traballar para conseguir alimentos e non disporán de auga nin de luz

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ANXA CORREA. SANTIAGO

O novo programa da Galega A Casa de 1906 poderá seguirse a partir deste mércores pola noite. A Casa de 1906 amosará a convivencia de dúas familias galegas actuais en casas pareadas coma se vivisen en 1906. Nin auga corrente, nin luz, e moito menos, internet, os participantes deberán traballar para conseguir o seu propio alimento.

O director xerente da Televisión de Galicia, Xesús Iglesias, preferiu falar de docu-show en lugar de reality, xa que se trata dun "formato cultural" importado da Channel 4 británica, onde xa leva oito anos de emisión, e cun "éxito garantido". Iglesias confía na continuidade deste formato e formular novos retos como "a casa dos romanos ou a casa dos celtas".

O presidente de Filmanova, Antón Reixa, e o de Continental, Pancho Casal, coincidiron á hora de propoñerlle este novo produto ao ente público galego. Reixa afirmou que "poucas veces poden confluír tantos elementos interesantes" para unha televisión pública, como son a proximidade, a divulgación e o entretemento. A Casa de 1906 contou co apoio de Augas de Cabreiroá, cando se cumpre un século do seu recoñecemento como "auga de utilidade pública".

O espazo elixido para gravar durante sete semanas a vida das dúas familias foi o concello coruñés de Irixoa. Alí viviron en vivendas de época que tiveron que ser reconstruídas para adaptalas ás condicións de hai un século. E é que se trata dunha "experiencia real" na que, a diferenza de programas como Gran Hermano, non interveñen os guionistas.

Ao "cásting" presentáronse moitas persoas de xeito individual e familias con fillos "demasiado pequenos" para participar, segundo sinalaron os seus produtores. As familias seleccionadas proceden de Padrón e A Coruña e están compostas por cinco e seis membros, respectivamente. "É curioso, pero quen máis botou en falta internet foi a familia de Padrón", salientou Reixa. Algún fillo estivo a piques de abandonar a experiencia no primeiro día. Mentres, os fumadores botaron de menos o tabaco "prefabricado" e todos sufriron a falta de papel hixiénico. "Trátase de persoas moi especiais e motivadas" definiunas Reixa. A familia que supere "as duras condicións" recibirá como premio unha semana nunha casa do Caribe. O público decide quén o merece.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS