Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] A Contra  |  RSS - A Contra RSS

intrahistorias

A Galicia cunilingüe

09.02.2009

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

POR DIEGO E. BARROS

"Ningún niño debe ser discriminado por la lengua en la que se exprese". Todos de acordo. Foi unha das frases lanzadas onte ante uns milleiros de manifestantes que, como o lema que presidía a súa longa marcha sobre Compostela querían "libertad para elegir". Díxoo unha Gloria Lago embargada pola emoción que lle provocaron os seus quince minutos de fama, presidenta desa asociación autodenominada Galicia Bilingüe.

A súa fama -a de Lago-, perdurará probablemente hoxe, acentuada polas portadas que de seguro lle dedicarán a tan selecto acontecemento algúns medios de Madrid volvendo amosar o seu gran descoñecemento da realidade que se coce por estes lares. Iso, se espías e corruptos de toda pelame llo permiten.

Nunha alocución propia dos grandes pais da patria reclamou, entre outras cousas, que a sinalización "figure en gallego y castellano; que ningún profesional deje de venir a Galicia por el idioma; que los creadores gallegos tengan acceso a las ayudas oficiales independientemente del idioma", e por suposto "el cese del adoctrinamiento en la enseñanza" a través dos libros de texto. Inapeláble Gloria. Aí está a incomprensible sinalización das estradas galegas, cheas de pintadas, que se un L por aquí, que se unha J por aló e ó final, vas e pasas o desvío. E eses profesionais (¿?) que desbotan Galicia porque non entenden a lingua? "Un idioma precioso", din os de GB, "y tan poético". Para que falalo e estragalo, deben pensar.

Molestéstame, porén, que pedira axudas para aqueles que "crean" en castelán. Dáme igual que o fagan en galego, chinés ou na lingua dos afiadores. Ninguén debería recibir un peso público por facer o seu traballo creativo e privado. Por que un cineasta si e non un escritor novel para retirarse dous anos a escribir a gran novela do século? Referíase, supoño, a Manquiña e Marta Rivera de la Cruz. Ambos cun amplo historial de problemas debidos ó silencio administrativo que sofren.

O galego nunca foi un problema en Galicia, din estes libertarios. Esquecen de engadir: "mentres gobernaron os nosos". Calquera persoa con dous dedos de fronte sabe que o seu discurso é unha falacia. Na escola, en calquera ámbito da sociedade, non hai imposición lingüística ningunha. De ningunha lingua. A non ser que, por imposición, tomemos as miradas que recibe un se usa o galego para pedir o pan, por exemplo, en La Coruña. Todo segue igual que cando o PPdeG aprobou a Lei de normalización e o seu conseguinte plan. Pero nos tempos que corren non é moco de pavo desbotar un España Ar! se rompe. Por se coa. Aí está esa Rosa (de España) Díez, tan afeccionada agora a defender "la libertad conculcada en Galicia". Ela, que até hai uns meses nin sequera sabía onde quedaba Galicia no mapa.

O único de certa verdade nas súas verbas é esa advertencia de que cese o "adoctrinamento" dos rapaces na escola. Sabemos a cantidade de cousas perniciosas que agochan os libros de texto. Mesmo iso de que o preservativo é o único medio eficaz para previr a sida. Hai outro pero con ese non se precisa nada. Os rapaces que onte acompañaban ós seus pais defensores da liberdade lingüística non están, por suposto, adoutrinados. Aí estivo Corina de Vigo: "El texto limita a los alumnos y a su futuro competitivo", dixo. O texto, a lingua? Con Corina todo é posible.

Posdata: Máis aló de toda esta gran mentira, o máis deplorable é ver que a actuación da ducia de energúmenos salvapatrias de sempre lles vai servir a estes "profetas das liberdades" para amplificar o seu berro iletrado. Unha lástima que a violencia destes consiga tapar a vergoña allea do vivido onte en Santiago.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS