Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

microsiervos.com

Un ‘blog’ feito en Galicia é o único español no Top 100 do mundo

21.05.2006 Dos cerca de trinta millóns de diarios persoais que se publican en internet, a bitácora feita na Coruña é a única española que entra no Top 100 dos mellores do mundo. Detrás dela descóbrense tres bloggers sen máis pretensións que pasalo ben

1.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ROSA RODRÍGUEZ

Wicho (Javier Pedreira), Alvy (Álvaro Ibáñez) e Nacho Palou son tres bloggers confesos que comparten Microsiervos, unha bitácora sobre tecnoloxía, ciencia, internet e sobre calquera tema que lles guste ou simplemente lles apeteza. En principio, nada especial. Dos cerca 30 millóns de diarios persoais que hai en internet, unha chea deles teñen esta mesma temática. Non obstante, eles reciben unhas 53.000 visitas ó día. Para os non iniciados trátase dunha cantidade moi alta que por exemplo, está por diante da edición web de Hola. Ademais, é o único blog en calquera dos idiomas oficiais de España no Top 100, concretamente no posto 65, de Technorati, (unha web que mide a popularidade dos blogs a escala mundial a través dos enlaces dos últimos seis meses).

Non hai máis que achegarse a Microsiervos para coñecer os tres intrépidos que levan dende o 2003 creando opinión (aínda que no 2001 xa crearon unha especie de prototipo). No ‘mundo real’, Wicho, Alvy e Nacho están relacionados dende hai unha morea de anos coa informática, incluso antes de que houbese internet ó alcance de todo o mundo en España. Por outra banda, Alvy e Nacho viviron dende dentro o boom e a caída das .com no noso país, primeiro dende Terra e logo desde Ya.com.

O segredo do éxito para Wicho, que leva a informática dos Museos Científicos da Coruña, está en escribir co único fin de pasalo ben, sen máis pretensións e sen apremos á hora de buscar visitas como ocorrería se vivisen da publicidade ou esta fose a súa profesión. "O escribir do que che apetece e cando che apetece, permíteche facelo ben e sen pretensións", asegura.

Wicho pasa unhas dúas horas de media diante do ordenador, habitualmente polas noites e tras a súa xornada de traballo. Malia o que poida pensarse, isto non supón ningún esforzo. "Para nada, pásoo coma un anano". Tampouco lle impón o feito de que os lean miles de persoas, aínda que recoñece que segundo foi aumentando o número de lectores tamén se foi poñendo un nivel de esixencia máis alto. Por exemplo á hora de comprobar mellor as cousas ou ter en conta expresións que usamos en España que noutros lugares poden non se entendidas ou levar a confusión.

Sobre o debate de se os blogs son o novo xornalismo, Wicho afirma que non se atrevería a chamalo xornalismo, pero "demostra que xa hai algún tempo que a xente non está disposta a crer o que lle digan sen unha mínima análise e tamén queren comentar o seu punto de vista ó respecto".

En canto ó seu poder, chancea ó asegurar que "aínda non é inmenso porque se fose así alguén de Ikea tería que chamarnos xa para desculparse ou para denunciarnos". Pero "si se nos está empezando a facer un pouco de caso e incluso os partidos políticos empezan a tomar nota".

O blogger Alvy é, segundo el mesmo, un tipo que pasa o día navegando por internet e ó que lle gusta escribir cousas divulgativas sobre todo o que lle interesa". Nin máis nin menos.

O terceiro dos ‘culpables’ desta páxina é Nacho Palou para o cal os blogs non son o espello da alma, ou "polo menos non o son de todo. Sempre hai algo de actuación ou interpretación dun papel ou personaxe e nunca se é plenamente sincero". Por exemplo, explica que hai moitas diferenzas se se trata dun diario personal ou intimista ou dun sobre calquera tema. En todo caso, Nacho, non é nada afeccionado ós blogs demasiado persoais.

Para os que ousen internarse en Microsiervos.com atoparán anotacións como "facemos este weblog porque nos gusta e nos divirte", ou "este é un sitio web persoal no que escribimos varios amigos". Esta é a súa filosofía e seguramente a base do seu éxito rotundo. Porque detrás da divulgación científica e informática hai moitas notas de humor e sobre todo moito bo rollito.

“Non sabía que o meu xefe me lía”

Recoñecente como blogger?

A maior sorpresa que levei foi cando o meu xefe deixou un comentario en Microsiervos; ata entón non era consciente de que nos lía.

Escribes cun obxectivo concreto?

Só co de pasalo ben e se ademais a xente lle gusta ler o que escribo, pois moito mellor.

Fanlles os blogs competencia ós xornalistas?

Se es bo escribindo non debería ter problemas, a competencia é estimulante.

Recomenda un diario.

Ciencia de bolsillo.

“Se é rendible deixa de ser un hobby”

Existe autocensura no teu blog.

Do que non nos gusta non escribimos, eso inclúe todo tipo de cousas.

Ademais de ser un hobby pode ser rendible?

É probable, hai xente que ten un hobby e decide facelo rendible, pero seguramente entón deixa de ser un hobby.

Teñen algunha limitación os diarios persoais?

Unha morea, e vese cada día, tanto de tipo técnico como social.

Algún blog que detestes.

Os que detesto non os leo, directamente ignóroos.

“É unha afección inofensiva, diría”

De profesión blogger ou informático?

Non creo que poida ser simplemente blogger. Pódese ser profesional de algo e logo ter un diario sobre calquera tema ou de calquera tipo.

Microsiervos é como unha droga para ti.

É unha afección bastante inofensiva, diría.

Describe o blogger, Nacho.

Temo que non é posible, hai tanto perfiles de blogger como persoas hai escribindo diarios.

Poderías vivir sen el?

Totalmente, non está na miña lista de cousas esenciais.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS