Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

reaccións

Apoio a Isaac, pásao

29.06.2006 Unha campaña recolle na rede sinaturas en solidariedade con Díaz Pardo despois de que os accionistas o apartasen do control do Grupo Sargadelos

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ. SANTIAGO

A páxina web humorística ‘Aduaneirossemfronteiras.org’ dedicoulle onte a súa portada a Díaz Pardo FOTO: G.H.
A páxina web humorística ‘Aduaneirossemfronteiras.org’ dedicoulle onte a súa portada a Díaz Pardo
FOTO: G.H.

"Aínda estou vivo", advertía onte Isaac Díaz Pardo, agradecendo a solidariedade e erguendo o dedo índice, aínda que admitiu certa saturación ante os acontecementos destes días. A controvertida manobra que apartou o intelectual galeguista e os seus fillos do control do Grupo Sargadelos xerou unha cadea de manifestacións de apoio que bole pola rede. Ademais dunha campaña "online" de recollida de firmas contra a "xubilación forzosa" de Díaz Pardo, nos foros sumaba adeptos a proposta de facer boicot aos productos do conglomerado.

Tras publicarse onte que os accionistas de Sargadelos decidiron destituílo da presidencia do Consello de Administración, e en consecuencia arrebatarlle o control do Grupo, unha iniciativa abriu na web FirmasOnline.com, unha campaña de recollida de sinaturas de condena.

Sargadelos celebrou o martes en Cervo unha asemblea de accionistas que acordou a saída de Isaac Díaz Pardo e dos seus fillos Camilo e Xosé Díaz, deica agora administradores do grupo empresarial. O Consello de Administración prevé que a vindeira semana se coñeza o nome do novo presidente do Grupo.

Os accionistas argumentan a necesidade de adaptar a empresa aos novos tempos e denuncian que Díaz Pardo se nega a dialogar ao respecto. Pola súa banda, o intelectual galeguista acúsaos de deslealdade e de querer rachar cos principios fundacionais da empresa. Hai uns anos Díaz Pardo -que na actualidade ten 86 anos- deixou xa de ter o control sobre o proxecto que axudara a fundar, na actualidade constituído por unha ducia de sociedades.

Ante este feito, na web FirmasOnline.com aparece unha campaña dirixida "a todo o Pobo galego" e na que se pode ler: "As Cerámicas do Castro e Sargadelos, un referente fundamental da nosa cultura e identidade do noso pobo atópase, en perigo".

Nun breve texto, alúdese a que "a alma máter, o seu fundador, a súa identidade e o noso intelectual xa non está á fronte deste complexo polo desexo capitalista dalgúns indocumentados". Asemade, apélase a todos os galegos para "impedir esa xubilación" e propoñen a recollida de firmas para esixir a volta de Díaz Pardo á fronte do Grupo Sargadelos.

Ademais, os lectores engadiron numerosos comentarios de apoio ás informacións sobre a destitución de Díaz Pardo publicadas na edición electrónica de EL CORREO GALLEGO. Colectivos como o Centro Galego de Castellón O Aturuxo, ademais de persoas anónimas deixaron na rede mensaxes de indignación ante "a vergoña" da "argallada" perpetrada contra o que se cualifica como "alma mater de Sargadelos". Neste foro, un dos lectores propón, ademais de fomentar homenaxes a Díaz Pardo, unha "campaña activa de boicot comercial para todos os produtos de Sargadelos-Castro: para que se enteren e corrixan".

DATOS

Adhesión desde Bos Aires

A Fundación Xeito Novo de Cultura Galega de Bos Aires remitiu onte un comunicado de solidariedade con Isaac Díaz Pardo e de repudio aos Consellos de Cerámicas do Castro e de Cerámicas de Sargadelos.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS