Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
A A realidade é outra da que dan, en xeral,os medios sobre o "affaire" de Sargadelos, cando preguntan a todos menos a min.
Sr. Santiago Sineiro, avogado e até hai poucas semanas administrador de Sargadelos, quen recibeu as súas participacións sociais na empresa gratuitamente, igual que a súa señora, tamén gratuitamente, as que ten no Seminario de Sargadelos.
Mentras nós estabamos ocupados na imaxe das empresas, o Sr. Sineiro, foi modificando unha das sociedades de servicios como é o Grupo Técnico e organizador da Cerámica de Sargadelos, convertendoa nunha sociedade puramente mercantil, até prescindindo da miña presidencia que me corresponde por presidente de Sargadelos, todo elo mediante firmas falsas e outras que se estamparan sen enterarse a que respondían, fiados en que os conceptos serían honestos.
Por outra banda, o Sr. Sineiro, como avogado, viña colabourando principalmente na Fundación Sargadelos desde hai cinco anos; mais non lograbamos que o rexistro lle dese número, até que un profesor mercantil tomou da súa man a fórmula necesaria e o Rexistro aceptou á Fundación.
A partir deste intre o Señor Sineiro que xa era secretario da Fundación Sargadelos, sacou a careta e púxose a traballar contra a Fundación e contra nós, e co señuelo de apoderarse do patrimonio das Sociedades do Grupo convenceu aos catro compoñentes dunha familia, todos eles indocumentados, que como el recibiran as súas participacións sociais que teñen nas empresas.
Coido que todos temos dereito a sentirnos traicionados pola manobra do Sr. Sineiro, quen co Sr. Segismundo García estiveron extorsionando ás empresas do Grupo tratando de servir claramente a grupos reaccionarios aos que lles molesta o labor comprometido que facemos, pois acusánnos de que somos os galeguistas históricos os que nos estamos beneficiando deste labor.
O Grupo son un lote de Sociedades, pero en conxunto trátase dunha soia empresa recuperadora da memoria histórica e como tal atópase extorsionada por estes dous Señores, que coido, están incursos no art.243 do Código Penal, que trata da extorsión.
Que me botaran a min por vello... Pero botaron ao meu neto, Daniel, avogado, e aos meus dous fillos, Camilo e Xosé que son os únicos, ademais de dous que queda do Grupo Técnico, que conocen técnica e diseñística o espírito de Sargadelos, pois traballaron sempre ademais de comigo, tamén xa dende a Argentina con Luis Seoane. Polo que todo está moi claro.