Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

compromiso

Moito máis ca tendas

16.07.2006 As librerías galegas reivindican o seu papel de focos de dinamización cultural mediante a organización de charlas, debates ou contacontos

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MONTSE DOPICO. SANTIAGO

As editoriais escollen con frecuencia as librerías para as presentacións dos libros, como esta realizada na Couceiro, en Compostela FOTO: Fernando Blanco
As editoriais escollen con frecuencia as librerías para as presentacións dos libros, como esta realizada na Couceiro, en Compostela
FOTO: Fernando Blanco

Unha librería pode ser moito máis ca un centro de venda de libros. Así o entenden moitos libreiros galegos que realizan un salientable labor cultural ó impulsar desde o seu negocio diversas actividades que xiran en torno ó mundo da lectura.

Os actos de presentación e sinatura de libros son os máis comúns entre os organizados por estes libreiros. "É un xeito de apoiar a autores que empezan", explica a copropietaria da librería coruñesa Lume, Lola Porto.

"Antes da democracia tiñamos tamén conferencias que supoñían unha oportunidade para que a xente puidera reunirse e falar", lembra Porto. A librería santiaguesa Follas Novas cumpriu durante a ditadura esa mesma función de pequeno refuxio para o diálogo e o libre pensamento. "Traiamos de Bos Aires libro galego prohibido aquí, coma o Sempre en Galiza de Castelao", sinala o dono de Follas Novas, Rafael Silva.

Esta librería destaca, coma a Sargadelos e a compostelá Couceiro, polo seu especial compromiso co libro galego. "Facemos animación á lectura: dramatización, recitais poéticos, contacontos, obradoiros de ilustración, exposicións...", subliña Begoña López, de Sargadelos Ferrol. "No novo local haberá unha planta disponible para todo tipo de actos, pois tentamos que a nosa librería sexa un punto de reunión para todo o relacionado co libro", apunta pola súa banda Pablo Couceiro.

Como lugar para o encontro e o debate actúan tamén outras librerías, como a propia Sargadelos, que acolle charlas sobre temas de actualidade, e a Nós, na Coruña. "Creamos un club de persoas que se reúnen no noso local para falar de literatura", conta a propietaria deste establecemento, Cecilia Martínez.

O local de Nós está especialmente deseñado, coma o que alberga en Lugo á librería Trama, coma un espazo para o intercambio entre lectores. "Temos un rincón cun sofá, unha lámpara e unhas follas nas que asinaron varios artistas, e que están cheas de recomendacións", afirma Martínez.

"A librería naceu xa con ese espírito, coa idea de converterse nun espazo para o libro. Aquí todos os libros están á vista, e os clientes poden pasar un tempo vendo o que hai e falando sobre literatura", engade o copropietario da libraría Trama, Carlos Coira.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS