Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

A ave fénix dos lumes

Marc Taeger, establecido en Galicia, expón en Costa Rica

22.10.2006 O Museo de Arte e Deseño Contemporánea de San José acolle a mostra ‘Sal á sopa. Pejibaye pal vigorón’

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E. P. COMPOSTELA

Mural de Marc Taeger realizado con anacos de carbón evocando os efectos dos lumes que afectaron ós montes galegos o pasado verán FOTO: Gabriela Tellez
Mural de Marc Taeger realizado con anacos de carbón evocando os efectos dos lumes que afectaron ós montes galegos o pasado verán
FOTO: Gabriela Tellez

O Museo de Arte e Deseño Contemporánea (MADC) de San Xosé de Costa Rica acolle ata o 12 de novembro a mostra Sal á sopa. Pejibaye pal vigorón, no que participan artistas españois e centroamericanos. E entre eles destaca o deseñador Marc Taeger, establecido en Galicia, que intervén na sala 1 do MADC cun gran mural pintado con anacos de carbón, material co que o artista evoca o rastro dos incendios que afectaron a Galicia durante o pasado mes de agosto.

Con este xesto o artista aposta por enfocar a catástrofe ecolóxica dende un punto de vista construtivo, convertendo a destrución en creación artística e logrando así que a madeira queimada "renaza como unha ave fénix".

Taeger, ademais, é ilustrador de libros, entre os que destacan A verdadeira historia de Carapuchiña,co que gañou o Premio daniel Gil de Deseño Editorial 2005, e Aquiles o puntiño, ambos os dous editados por Kalandraka.

A mostra, que se expón no MADC, consiste en dous proxectos que conflúen nunha mesma exposición, para unir o talento de artistas procedentes de ambos os dous lados do Atlántico. Na presente edición, que se desenvolve no MADC, únense 12 artistas de Costa Rica e Nicaragua, entre os que figuran Joaquín Rodríguez del Paso, Lucía Madriz, Rolando Castellón, Roberto Lizano, Alicia Zamora, Óscar Rivas ou Ernesto Salmerón.

Precisamente, no mural elaborado por Marc Taeger tamén interveu o artista costarriqueño Federico Herrero, que engadiu elementos de cor á obra, logrando así un resultado "colectivo", acorde co espírito da exposición.

Xunto con Carles Poy, tamén o director do Museo de Arte e De- seño Contemporáneo de Costa Rica, Ernesto Calvo, contribuíu a dar forma a esta exposición, que se inaugurou o pasado 12 de outubro coincidindo co Día da Hispanidad.

A obra dos 19 artistas participantes destaca pola variedade de estilos, técnicas e propostas estéticas, co obxectivo de xerar un espazo común aberto a novas experiencias creativas.

DATOS

Unha iniciativa de Carlez Poy

Sal á Sopa é unha iniciativa do catalán Carles Poy, que se levou a cabo entre novembro do pasado 2004 e decembro de 2005 na Capella de l"Antic Hospital da Santa Creu en Barcelona.

Cara á itinerancia da mostra

O obxectivo dos comisarios desta exposición colectiva é dotar de itinerancia a esta mostra e exhibila non só en Costa Rica, senón tamén en Nicaragua, Chile, Perú e España.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS