Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión  |  RSS - Opinión RSS

PLÁCIDO LIZANCOS SANTOS

Día a día

Doña Bárbara, Míster Danger e Hugo Chávez (I)

26.11.2009

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

PLÁCIDO LIZANCOS SANTOS

Venezuela e o seu mesiánico e bolivariano presidente, Hugo Chávez, están de actualidade. Deume un brinco o corazón cando o vexo ameazar o xigante Goliat, EEUU e que ía prender a guerra en todo o continente americano e non ten sangue luso, que saibamos, andaluz, polo apelido, pode ser... Hoxe xa o vin máis tranquilo cando se referiu á destrución, por parte venezolana das dúas pontes, que unen, non separan, por riba de dous regatos ou regueiros, certas zonas rurais entre os dous países irmáns.

Non pensedes que son pontes, por exemplo, coma a internacional de Tui, onde os nosos curmáns portugueses puxeron un letreiro na metade da ponte ó saíren de España, onde di: "Aquí acábase o mundo mais empeza Portugal". Chavismo puro, fíxese e verá. Ah! Os irmáns son os ingleses, segundo eles din.

Esas dúas pequenas e estreitas pontes son, chamaríamolles caseiras, artesanais, para non mollaren os pés ó cruzaren mutuamente as fronteiras, porque existen os famosos camiños verdes que o presidente Chávez sabe ós que me refiro. Teño que ter coidado co que escribo del, pois teño un contencioso co querido país, e que posiblemente os anteriores cónsules Dr. Marco Antonio Angeli ou un dos ex compañeiros do presidente, o comandante don Jesús Urdaneta, que me honraron coa súa amizade, mo tivesen solucionado, a pesar dos bos oficios que a eficiente secretaria do Consulado vigués dona Delfina pon da súa parte. Quosque tandem? (ata cando?) Xa sei, presidente, que aquila non capit muscas (A aguia non caza moscas).

Creo que, grazas á Televisión Española na canle TVE, os españois saberán un pouco máis dese gran país, que é Venezuela, coa proxección da importante obra da literatura hispanoamericana, Doña Bárbara, levada á pantalla, e que está xa nos últimos capítulos, penso que o Goberno venezolano debía solicitar, de novo, a súa reposición, porque, ó meu humilde entender, como estudoso da obra de D. Rómulo Gallegos, Doña Bárbara é un dos libros máis fermosos que perdurablemente vivirán, porque non se dixo sobre a alma rural venezolana nada máis belo. Doña Bárbara é un potente cadro naturalista, que fixo do nome de Gallegos un nome continental. Máis alá do símbolo, da loita da civilización coa barbarie, do tremendo proceso de domesticación e humanización da natureza de América que é, quizais, o primeiro dos problemas venezolanos. Doña Bárbara vén ser coma unha enorme epopea da chaira (os llanos) venezolana, da súa paisaxe implacable, dos seus inmensos ríos, das paixóns que alentan nas súas tremendas almas primitivas.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS