Venres 10.09.2010  | Actualizado 21.55      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión  |  RSS - Opinión RSS

XOSÉ A. PEROZO

CARA OU CRUZ

Poderoso cabaleiro

26.11.2009

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ A. PEROZO

Non podemos poñer en dúbida as boas intencións dos tres líderes do Parlamento galego na xuntanza de onte para falar do quente asunto das Caixas de Aforro, pero ninguén negará que esta dilixencia non a vimos á hora de abordar a reforma do Estatuto, nin para falar do decreto da lingua, nin para consensuar un programa duradeiro para o ensino, nin para decidir sobre o mapa das titulacións universitarias, nin para solucionar os problemas ambientais, nin para achegar fórmulas duradeiras na xestión sanitaria... É normal, porque eses intereses menores se corresponden coa liorta de cada día, mentres que o asunto das Caixas é unha cuestión de cartos e cando nos tocan o peto doe máis que unha puñada no corazón.

Poderoso cabaleiro don diñeiro, cantou Quevedo, e non paramos de certificalo todos os días da vida pública. Ademais, xuntáronse, falaron e do tratado punto en boca. Os mesmos argumentos á entrada que á saída. Pedir solvencia e galeguidade. Por que non piden tamén unha blindaxe para o futuro, como garantía de que nunha década non van ser insolventes e madrileñas? E, por que non lles preguntan ós alcaldes que pensan do asunto? Acaso a esencia e a orixe destas entidades non é municipal?

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS