Un desprendemento de rochas e terra sobre a autovía AG-55 obrigou á Garda Civil da Coruña a cortar os dous carrós de circulación en dirección á cidade herculina e un en dirección Carballo á altura de Arteixo.
Segundo explicou a Garda Civil de Tráfico da Coruña, o suceso produciuse onte preto das 23.00 horas no quilómetro 5,5 da AG-55, á altura de Arteixo, cando un gran volume de rochas e terra se desprendeu sobre tres carrís da autovía.
Así mesmo, o desprendemento arrastrou ata a mediana un vehículo que circulaba nese momento pola vía, cuxo condutor, o único implicado no suceso, foi evacuado ferido leve ó Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Foron os Bombeiros de Arteixo os que cando volvían de sufocar un incendio deron a voz de alarma ó 112 e procederon a cortar a vía para evitar accidentes.
Os carrís en sentido A Coruña continúan agora cortados, polo cal a Garda Civil habilitou sobre as 07.30 horas desta mañá un dos carrís en sentido Carballo para a circulación cara á Coruña.