Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

ACCIDENTE LABORAL

Un traballador permanece en prognóstico reservado tras caer dende unha altura de catro metros en Silleda

26.11.2009 O suceso ocorreu ó redor das 09.30 horas desta mañá nunha casa en obras da parroquia de Cira, cando M.R.M., duns 50 anos de idade, caeu dunha estada

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EUROPA PRESS. SANTIAGO

Un traballador atópase hospitalizado con prognóstico reservado tras sufrir un accidente laboral na localidade pontevedresa de Silleda, cando o home se precipitou desde unha altura duns catro metros ó caer da estada na cal estaba traballando.

Segundo informou a Central de Urxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu ó redor das 09.30 horas desta mañá nunha casa en obras da parroquia de Cira, en Silleda, cando o traballador, identificado coas iniciais M.R.M., duns 50 anos de idade, caeu da estada.

O traballador foi trasladado ó Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde permanece consciente e orientado e o seu prognóstico é reservado, xa que o equipo médico agarda a ver a súa evolución nas próximas horas e os resultados das probas que se lle practicaron, segundo informaron fontes hospitalarias.

Ó lugar do suceso desprazouse unha dotación da Garda Civil e dous efectivos do Grumir de Silleda, así como unha ambulancia do 061, que nunha primeira avaliación médica determinou a gravidade das feridas do operario.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS