Venres 10.09.2010  | Actualizado 21.55      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

'DANOS COLATERAIS'

O inspector xeral do exército alemán e o secretario de Estado de Defensa dimiten horas despois de que o xornal 'Bild' os incriminara nunha ocultación de datos

26.11.2009 Tratouse de evitar que se coñecese que houbo vítimas civís nun ataque aéreo en Afganistán

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE. BERLÍN

O inspector xeral das Forzas Armadas alemás, Wolfgang Schneiderhan, e o secretario de Estado de Defensa, Peter Wichert, dimitiron hoxe despois de que un diario publicase que o Ministerio ocultou información sobre o número de vítimas civís falecidas nun bombardeo en Kunduz en setembro.

O actual ministro de Defensa, Karl-Theodor zu Guttenberg, comunicou as dimisións do militar de máxima gradación en Alemaña e o secretario de Estado nunha comparecencia ante o Bundestag, a cámara baixa do Parlamento alemán.

O diario "Bild" desvela hoxe un informe militar segundo o cal Defensa "tiña claros indicios" de que houbera mortos civís "apenas horas despois do ataque" aéreo, ordenado por un militar alemán, a pesar do cal, o entón ministro Franz Josef Jung afirmou durante días que o bombardeo só afectara a insurxentes talibán.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS