Os piratas somalís anunciaron este xoves que liberaron o barco de bandeira grega 'Ariana', de tripulación ucraína, que permanecía secuestrado desde o pasado mes de maio e por cuxa liberación se puido pagar un rescate de 3,5 millóns de dólares (2,3 millóns de euros).
O 'Ariana' foi secuestrado o pasado 2 de maio ó norte de Mogadiscio cando se dirixía a Oriente Próximo procedente de Brasil. A tripulación estaba formada por 24 ucraínos. O pasado mes de outubro, os piratas anunciaron que chegaran a un acordo para o pago dun rescate de 2,3 millóns de euros.