O proxecto 'Campus Vida' da Universidade de Santiago de Compostela foi seleccionado por un Comité Internacional de Expertos dun total de 18 presentados como Campus de Excelencia Internacional (CEI), segundo o fallo dado a coñecer hoxe polos secretarios xerais de Universidades e Innovación, Marius Rubiralta e Juan Tomás Hernani, respectivamente.
Concretamente, foron galardoados nove proxectos de once universidades españolas. Así, cinco proxectos foron escollidos polo seu "alto potencial para alcanzar o nivel de excelencia internacional unha vez levados á práctica" e recibirán 73 millóns de euros de financiamento: Universitat de Barcelona e Politécnica de Catalunya; Universidade Complutense de Madrid e Politécnica de Madrid; Universidade Carlos III de Madrid; Universidade Autónoma de Barcelona; e Universidade Autónoma de Madrid.
Outros catro proxectos foron escollidos polo seu "alto potencial para alcanzar o nivel de excelencia rexional unha vez postos en práctica" e recibirán 30,1 millóns de financiamento: Universidade de Córdoba; Universidade de Cantabria; Universidade de Oviedo e Universidades de Santiago de Compostela. Ós outros nove proxectos presentados outorgóuselles a cualificación de 'Proxecto Prometedor de CEI' e concédeselles un financiamento total de 35 millóns de euros.