Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

ATRASO

O PP esíxelle a José Blanco explicacións polo AVE Vigo-Porto

26.11.2009 Solicita a comparecencia urxente no Congreso ·· Caballero cúlpaos da nova data

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AXENCIAS

O coordinador dos deputados galegos do PP no Congreso, Celso Delgado, solicitou a comparecencia "urxente" do ministro de Fomento, José Blanco, na Comisión de Fomento da Cámara Baixa para que informe sobre os cambios de criterio respecto do modelo de conexión de AVE entre Vigo e Oporto, así como sobre a demora nos prazos previstos.

Nun comunicado de prensa, os deputados galegos do PP explicaron onte que pretenden, ante todo, que o Goberno "garanta que modelo de AVE conectará Galicia con Portugal", xa que mentres no cumio Hispano-Luso celebrado o 24 e 25 de novembro de 2006 en Badaxoz se comprometeusa conexión ferroviaria como unha liña de tráfico mixto, "agora parece que se inclina por unha liña exclusiva de pasaxeiros".

Delgado dixo que entende que o titular de Fomento "debe clarificar" tamén "por que se hai menos dun ano o Goberno afirmaba con rotundidade que as obras entre Porriño e a Fronteira Portuguesa comezarían en 2010 e estarían rematadas en 2013 agora fala dun atraso de 24 meses".

Pola súa parte, o alcalde de Vigo Abel Caballero censurou que o PP pedise no seu día un novo trazado da entrada do AVE e criticara o atraso anunciado. O rexedor asegurou que esta modificación se solicitou durante a anterior lexislatura, co PP á fronte do concello, e cualificou de "fariseísmo político" que se culpe a Fomento da nova data.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS