Venres 10.09.2010  | Actualizado 21.55      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

parlamento

O PPdeG non atopa apoios para o comercio polo miúdo

26.11.2009 O BNG pídelle seguir co labor do bipartito

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

Os votos dos populares en solitario, coa abstención do PSdeG, déronlle luz verde a unha proposición non de lei para reclamar un impulso do pequeno comercio. Pola súa banda, o BNG emitiu un sufraxio negativo tras ver rexeitadas as súas emendas que demandaban darlles continuidade ás accións iniciadas polo bipartito por parte dunha área que xestionaba o Bloque.

Deste xeito, saíu adiante a iniciativa que insta a Xunta para levar a cabo un programa de mellora da competitividade do comercio de proximidade co obxectivo de "modernizar e adecuar" o comercio polo miúdo e "incorporar as tecnoloxías da información e comunicación" nos pequenos comerciantes.

Así mesmo, a proposta reclama "fomentar a profesionalidade" do sector coordinado e impulsando políticas de formación, "mellorar a rendibilidade empresarial" a través da promoción e fomentar "o comercio de calidade".

O deputado nacionalista Fernando Blanco e ex conselleiro de Industria incidiu en que "xa existía un plan de competitividade", polo que invitou á actual Xunta a darlle "continuidade", de forma que se impulse, entre outras cuestións, "o plan de tecnoloxía" do bipartito. Respecto diso, a deputada "popular" manifestou que a "única preocupación que tiña" a consellería na lexislatura pasada era que a "cartelería estivese en galego" .

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS