Venres 10.09.2010  | Actualizado 21.55      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

ALIANZA

A CEG, vixía do fondo estatal para o emprego

26.11.2009 Louro proponlle a Fontenla integrar a comisión que controla a execución de 301 millóns de euros, dos 5.000 totais, na comunidade

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

No que vai de ano, case 5.000 compañías galegas estanse be­neficiando do adiamento de pagamentos á Seguridade Social dentro das medidas estatais de impulso ó tecido produtivo postas en marcha polo Gober­no central. En total, déuselles o visto e prace a 4.711 solicitudes, o 98% das tramitadas. Estes son os datos propor­cionados onte polo delegado do Goberno, Antón Louro, tras reunirse en Santiago coa directiva da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a quen lle propuxo a incorpo­ración da patronal galega á comisión de seguimento do novo Fondo Estatal para o Em­pleo e a Sustentabilidade Local, na que xa están a Fegamp e as organizacións sindicais.

Unha oferta ante a que o presidente desta organización, Antonio Fontenla, xa trasladou a súa disposi­ción de aceptar e, así, contribuír a que os investimentos previstos no territorio galego se fagan "o mellor e antes posible", uns 301 millóns de euros que se investirán na comunidade, dos 5.000 totais.

En roda de prensa, Louro recordou o "éxito" do Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL) en Galicia, con 491 millóns de investimento e que permitiu crear 23.000 empregos, asegu­rando que o Executivo ten a "mesma ambición" con esta nova iniciativa que se executará en 2010. A través do novo Fondo, o Goberno "conseguiu"que se destinen a Galicia 301 millóns para que os concellos desenvolvan novos proxectos que contribuirán a dinamiza­ción da economía e xerarán máis de 12.000 empregos.

O encontro mantido onte prodúcese despois de que o delegado do Goberno en Galicia se reunise con representantes das tres organizacións sindicais da comunidade e da Fegamp, que aceptaron integrarse na citada comisión.

Así mesmo, aproveitou a reunión coa patronal para recordar a achega de recursos do Estado a Galicia, que ascenderon a case 20.000 millóns de euros en 2008, un 56% máis que en 2004. Tamén subliñou que o Goberno central lle consignou a Galicia o 8,5% do investimento nos Presupostos Xerais do Estado (PXE), 2.005 millóns, dos que 1.600 se destinarán a infraestruturas.

NOVA CAMPAÑA

CCOO, a prol dos servizos públicos

Comisións Obreiras anunciou onte a posta en marcha dunha campaña de sensibilización en defensa dos servizos públicos coa que pretende "implicar" a cidadanía porque "cumpren un papel vertebrador".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS