Venres 10.09.2010  | Actualizado 21.55      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

outeiro de rei

O PPdeG decide non apoiar a oferta de compra de Feiraco

26.11.2009 Rexeita na Cámara impulsar que as cooperativas lácteas se fagan coa planta de Pascual

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AGN . SANTIAGO

A maioría do PPdeG impúxose onte no pleno da Cámara para rexeitar unha proposición non de lei presentada polo PSdeG -e apoiada polo BNG- que reclamaba a adopción das medidas necesarias para impulsar a adquisición, por parte das cooperativas galegas lideradas por Feiraco, da planta de Pascual en Outeiro de Rei (Lugo).

A iniciativa solicitaba tamén a participación económica e a implicación política da Consellería de Medio Rural para crear un gran grupo lácteo galego que garantiría a actividade da planta, o mantemento dos empregos e a recollida de leite ós produtores.

A autora da proposición, a socialista Sonia Verdes acudiu a un símil matrimonial para sinalar que "Pascual ten noiva e quere casar" -coas cooperativas, precisou- pero "parece que lle están preparando outro casamento". Así, apuntou os posibles proxectos de Nueva Rumasa ou La Arzuana, sinalando que opción é "impensable a non ser desde un interese partidista".

Tanto Verdes como a deputada nacionalista Tareixa Paz criticaron duramente a falta de actividade da Consellería de Medio Rural neste asunto. "O que están a facer e nada é todo o mesmo", indicou Verdes; mentres Paz lamentou que a Xunta leve "seis meses sen dicir nin chío a respecto dunha proposta empresarial desta envergadura" e só "abra as portas" para recibir o comité de empresa de Pascual cando apenas quedan dez días para que se materialice o expediente de regulación de emprego (ERE) que afecta a 135 traballadores. "Hai unha intención manifesta e reiterada de non intervir absolutamente en nada", criticou a deputada do BNG.

 

Galicia, a que menos contratos homologados ten

"As cooperativas non lle foron pedir a Juárez que lles faga de comercial senón que foron pedir apoio á participación da Xunta de Galicia nunha parte pequena do accionariado", expuxo Paz, quen defendeu a xestión do bipartito fronte á do Goberno actual. Entre outros exemplos, aludiu a que o prezo do leite nunca fora inferior ó francés ata agora e lamentou que Galicia sexa hoxe a comunidade que menos contratos homologados firma mentres antes era posta como exemplo polo propio Goberno francés.

O debate da moción foi seguido desde a tribuna por unha representación dos traballadores de Leche Pascual afectados polo ERE, que mostraron o seu pesar polo feito de que non prosperase a iniciativa dos socialistas.

O DATO

Dúas opcións sobre a mesa

Grupo Pascual confirmou esta semana que está a estudar dúas ofertas: a presentada polas cooperativas galegas e liderada por Feiraco e unha segunda de La Arzuana, como as máis atractivas e sólidas.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS