Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Sociedade  |  RSS - Sociedade RSS

O DESAFÍO CONTINÚA ·· DÍA INTERNACIONAL

A violencia endémica

26.11.2009 A ONU déixao claro: as agresións machistas seguen a ser unha lacra sistemática no mundo. En España foron asasinadas 49 mulleres no 2009, 14 menos que no 2008

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

A policía carga contra un grupo de mulleres turcas que se manifestan con motivo do día contra a violencia en Ankara FOTO: EFE
A policía carga contra un grupo de mulleres turcas que se manifestan con motivo do día contra a violencia en Ankara
FOTO: EFE

A relatora especial da ONU sobre a Violencia contra a Muller, as súas Causas e Consecuencias, a surafricano Rashida Manjoo, declarou onte con motivo do día internacional contra a violencia de xénero que, a pesar dos avances xurídicos e os recoñecementos internacionais, "a realidade sobre o terreo" demostra que a violencia contra a muller "segue sendo endémica en todo o mundo e que traspasan fronteiras nacionais, raciais, de clase, culturais, de tradición e relixiosas", e recordou que os Estados "teñen a responsabilidade de eliminar a violencia contra a muller" mediante medidas legais, políticas e económicas.

"Os avances significativos dos ultimos anos na resposta xurídica internacional á violencia contra a muller permitiron un recoñecemento explícito como un problema de Dereitos Humanos", declarou Manjo. Pero os Estados teñen a obriga de "desenvolver e aplicar leis, políticas e programas destinados concretamente á prevención, protección, persecución e compensación".

Onte tamén, o Goberno recorda ás 49 mulleres mortas en 2009, 14 menos que en 2008, mentres se busca aínda a moza presuntamente asasinada pola súa parella neste municipio en Pineda de Mar.

Os Mossos d"Esquadra percorren a incineradora de Mataró (Barcelona) o corpo da moza de 20 anos desaparecida a semana pasada cuxo noivo, detido en Romanía, confesaría asasinala e guindou o corpo a un colector de lixos.

Tamén o Concello de Ourense recordou no Día Mundial Contra a Violencia de Xénero ás últimas dúas mulleres que perderon a vida a mans da violencia machista na provincia de Ourense, a moza Laura Alonso e María Socorro Dasilva.

 

OMS: "Esta é unha enfermidade social"

A directora de Saúde Pública e Medio Ambiente da Organización Mundial da Saúde (OMS), María Neira, avogou por atacar este problema desde as "causas das causas desa enfermidade social" e mostrouse partidaria das iniciativas de concienciación que se están levando a cabo ademais de defender que se poñan en marcha mecanismos que eviten esta secuela comezando pola "nova xeración".

Doutra banda, en declaracións a RNE recollidas por Europa Press, alertou tamén de que o cambio climático "non vai só de osos polares, do planeta e de glaciares" senón que afecta á saúde da sociedade e carrexa enfermidades "directamente relacionadas" con este fenómeno.

Neira insistiu na importancia de concienciar as persoas de que entendan este "vínculo tan estreito" que existe entre cambio climático e saúde, porque "ese día fíxose moitísimo" e é a sociedade a que debe "pór presión" ós políticos para que tomen decisións "acertadas". Así mesmo, resaltou que "non é unha sorpresa" saber que co frío as enfermidades respiratorias se agravan máis pero que coa calor son as enfermidades transmitidas por mosquitos, como o dengue ou a malaria, as que ten mellores condicións para expandirse. Ademais, apuntou que o acceso ó auga potable ou a calidade do aire que se respira afecta tamén a sociedades como a española, "non só a países en vías de desenvolvemento", e o feito de que non se pode camiñar polas cidades traerá obesidade e non poder respirar un aire limpo provocará máis problemas de asma".

O 90% SON AGREDIDAS

Paquistán paraliza a súa lei por presións relixiosas

As autoridades de Paquistán admitiron onte que a aprobación dunha lei contra a violencia doméstica, con innovadores mecanismos de denuncia dos malos tratos da muller, foi paralizada debido ás reticencias do Consello de Ideoloxía Islámica.

O proxecto legal, que prevé asistencia xurídica e económica para as vítimas a través de ordes de protección ou penas de cárcere para os agresores, fora cualificado de "avance histórico" no país, onde só en 2008 máis de 1.420 mulleres foron asasinadas, case 1.790 secuestradas e unhas 475 violadas, segundo informes de varios ONG. De acordo coa Constitución paquistaní, o Consello de Ideoloxía Islámica é unha institución con capacidade de emitir consellos, aínda que non decisións vinculantes para as autoridades. O proxecto foi aplaudido polas organizacións defensoras da muller en Paquistán, onde o 90% das donas son maltratadas e recentemente se levaron a cabo avances no ámbito: as autoridades tramitan unha lei contra os malos tratos no lugar de traballo e o Tribunal Supremo instou ao Goberno para crear un marco legal para a venda de ácido.

PARA MALTRATADORES

Francia copia os brazaletes GPS

O primeiro ministro francés, François Fillon, anunciou onte a posta en marcha da "pulseira electrónica" utilizada en España como sistema de localización dos agresores condenados por violencia doméstica. "Con base no exemplo español, imos lanzar a experimentación dun dispositivo de vixilancia electrónico" para controlar o cumprimento das medidas de afastamento, anunciou Fillon no discurso que pronunciou con motivo do Día Internacional da Erradicación da Violencia contra a Muller. Ese novo dispositivo comezarase a probar "a principios de 2010" e unirase a outras medidas novas como establecer un "delito de violencia psicolóxica no seo da parella"

OS DATOS

Seis de cada dez agresores poden recuperarse con psicoterapia

Reeducar ao maltratador para romper coa dinámica de violencia machista é posible cun tratamento psicolóxico que funciona desde 2005 en Castela e León, nunha experiencia entón pioneira en España pola que pasaron 493 homes sen outras patoloxías, con éxito en máis de seis de cada dez casos.

O programa é voluntario, non admite homes con outras patoloxías como alcoholismo, drogadicción ou enfermidades mentais, parte da decisión clara de deixar de selo e ten como obxectivo facer ver que non é normal ser un maltratador, que caian na conta de que o que fan é un delito e que non hai razóns para comportarse así, reflexionou o decano autonómico.

O maltratador réxese por unha especie de dereito de propiedade; eu fago o que teño que facer e marco como se fai", polo que a terapia, que levan 32 psicólogos formados especificamente con reciclaxe constante, consiste en facerlles ver que hai outros camiños, outras formas de relacionarse positivas e gratificantes. Os datos están aí, nestes cinco anos traballaron con 493 agresores no programa Fénix, e só no que vai de ano participaron neste programa 86 maltratadores, e só seis abandonárono.

 

"Pode recorrerse o ditame cántabro"

A voceira do Consello Xeral do Poder Xudicial, Gabriela Bravo, recordou onte, preguntada pola recente sentenza da Audiencia Provincial de Cantabria sobre violencia de xénero, que existe un sistema de recursos para que "as resolucións que as partes entendan que non se acomodan a dereito poidan ser revisadas por outros órganos superiores". "Cando queremos explicarlle á sociedade o que ocorre no ámbito da Administración de Xustiza non pretendemos que o cidadán entenda todo o que ocorre", afirmou Bravo.

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS