Venres 10.09.2010  | Actualizado 21.55      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Sociedade  |  RSS - Sociedade RSS

O DESAFÍO CONTINÚA ·· parlamento

O PSdeG di que o PPdeG non quere publicar nomes para "ocultar os da casa"

26.11.2009 Os populares botan abaixo unha proposición non de lei para incluír os datos das sentenzas condenatorias no informe anual da Cámara. A nacionalista Ana Pontón considera que erradicar a violencia é secundario para a actual Xunta

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Os votos en contra do PPdeG serviron onte para botar abaixo unha proposición non de lei do PSdeG encamiñada a pedir que, no informe anual que se presenta ao Parlamento cos datos sobre violencia de xénero en Galiza, se inclúan as sentenzas condenatorias dos maltratadores con nomes e apelidos, sempre que a vítima o consinta.

Ante o pleno do Parlamento, a defensora desta iniciativa, a deputada socialista Laura Seara, explicou que non se trata de facer un ficheiro" nin de publicar as caras dos agresores "na pantalla da Alameda de Santiago", senón de coñecer as súas identidades do mesmo xeito que se fai cos membros da banda terrorista ETA ou con outros terroristas. "A publicidade forma parte da mesma sentenza condenatoria", expuxo.

"Non se trata de impedir a súa reinserción", incidiu, senón de mostrar "tolerancia cero" coa súa actitude "en beneficio das vítimas". Para reforzar este argumento, sinalou que outras administracións, como a Xunta de Castela-A Mancha -baixo a presidencia de José Bono- e distintos concellos, publican estas sentenzas.

Con ela coincidiu a parlamentaria do BNG Ana Pontón, quen considerou "necesario" que todas as institucións poñan en marcha actuacións encamiñadas a "combater" a violencia de xénero e a "mellorar" a seguridade das mulleres. Así, aínda que admitiu que "na última década se avanzou moito", evidenciou que aínda é "insuficiente". Neste punto, a nacionalista criticou que o actual Goberno galego "non ten entre as súas prioridades" este asunto, afirmación que xustificou na negativa dos populares de instar a Xunta para "impulsar" as medidas contidas na Lei contra a violencia de xénero.

No entanto, Laura Seara insistiu en que a iniciativa é "controvertida, pero non ilegal", posto que distintas administracións e asociacións "ata" publican as sentenzas en páxinas web. Deste xeito, asegurou que "é falso" que o Concello de Barakaldo ou o Goberno de Castela-A Mancha teña que retiralas por seren ilegais.

De feito, sinalou que as sentenzas "son sempre públicas, salvo por decisión do xuíz". "Non entendo por que coinciden co discurso a favor de publicar as sentenzas dos terroristas e non neste caso", lamentou, e interpretou que, "tras este celo" de protexer a intimidade dos agresores "escóndese ocultar o que algúns teñen nas súas casas". "Ese é o problema do seu partido", sentenciou.

Así, a socialista recordou que o ex presidente da Xunta Manuel Fraga "criticaba os escotes das deputadas" e que se negou a condenar" o comportamento do alcalde de Toques (A Coruña), condenado por abusos sexuais a unha menor. De igual modo, evocou o momento no que o ex presidente do Goberno José María Aznar introduciu un bolígrafo no escote dunha xornalista para "non responder unha pregunta incómoda".

OS DATOS

Un total de 1.181 ordes de protección na comunidade

En Galiza existen actualmente un total de 1.181 ordes de protección para mulleres vítimas da violencia de xénero activas, o que indica, de xeito provisional, un "nivel menor" que hai un ano. Non obstante, no que vai de 2009 o Teléfono da Muller da Xunta de Galicia -900 400 273- recibiu xa case 4.000 consultas, na súa maior parte de vítimas que reclamaban atención psicolóxica. Así o asegurou a secretaria xeral de Igualdade, Marta González, nunha entrevista concedida a Europa Press na que resaltou que en 2008, a final de ano, había en Galiza ditadas 1.860 ordes de protección, mentres que no penúltimo mes de 2009 a cifra é de 1.181.

Estes datos, que a Xunta dispón para poñerse en contacto coas mulleres protexidas e ofrecerlles o uso dos servizos sociais existentes, indican, en principio, un "nivel menor" de incidencia destas ordes na Comunidade, segundo a secretaria xeral de Igualdade.

 

Farjas destaca o papel do sistema sanitario na detección

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, sinalou onte que todos os profesionais sanitarios que prestan os seus servizos nos centros e institucións do sistema sanitario público de Galiza son pezas clave para previr e detectar, nos primeiros momentos, calquera tipo de violencia contra as mulleres, e para pór en marcha os mecanismos necesarios para a súa protección, sempre que se detecten indicios ou casos de violencia. Así o indicou na clausura dunha xornada de sensibilización sobre a prevención da violencia en Santiago.

A CERNA

"O resgardo de datos, vulnerado"

A deputada do PP María Angeles Díaz Pardo mostrouse de acordo coa redacción dun informe para presentar á Cámara cos datos sobre a violencia, co fin de reflexionar sobre a adopción de medidas, aínda que discrepou coa publicación das sentenzas. "Choca coa Lei de protección de datos", advertiu, á vez que sinalou que pode derivar en multas de "máis de 50.000 euros". "Non entendo que achega coñecer os nomes", salientou.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS