Venres 10.09.2010
| Actualizado 21.55
Hemeroteca web
|
RSS
Galiza comezará hoxe a campaña de vacinación de mulleres embarazadas fronte ao virus AH1N1 da gripe coas doses específicas distribuídas para este colectivo que se inclúe na poboación diana.
Segundo explicou onte a Consellería de Sanidade, as embarazadas deberán pórse en contacto cos seus centros de saúde para pedir cita para acudir a recibir a vacina. A Comunidade galega disporá dunhas 24.000 doses específicas para inmunizar as mulleres embarazadas, segundo recordou a Administración sanitaria.
Esta campaña concreta desenvolverase en centros de saúde de Atención Primaria das áreas sanitarias da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. O pasado 16 de novembro empezou en Galicia a campaña de vacinación fronte á gripe A para o resto de poboación diana -traballadores do sector sanitario, enfermos crónicos e persoas con obesidade mórbida- coa distribución de máis de 260.000 dose en case 800 puntos de vacinación, das case 700.000 das que disporá a comunidade.
A alta incidencia da gripe non provocou un aumento no consumo de analxésicos e antitérmicos, segundo o informe realizado pola Federación Empresarial de Farmacéuticos Españois (FEFE).
Así, segundo mostra o Observatorio de Medicina de outubro, produciuse un incremento considerable de vacinas dispensadas nas oficinas de farmacia e de antivirais, pero analxésicos e antitérmicos, directamente relacionados coa sintomatoloxía gripal, mostran un crecemento negativo. Ademais, obsérvase que ata o momento produciuse un uso racional de antibióticos.
En canto ós datos do consumo de medicamentos correspondentes ó mes de outubro, que se deron a coñecer polo Ministerio de Sanidade e Política Social o pasado 20 de novembro, afirma que "seguen mostrando unha relativa contención no crecemento, debido fundamentalmente ó descenso do prezo medio das receitas e a un menor crecemento no número de receitas facturadas".
Incremento na comunidade do gasto
No que concerne ao gasto por comunidades autónomas, só tres rexistran incrementos superiores ó 5 por cento: Baleares (8,08%); Canarias (6,76%) e Galiza (5,76%). No seguimento de políticas de prescrición por principio activo ou xenéricos, Cataluña cun 0,48 por cento e Madrid cun 2,79 por cento, superan o resultado de Andalucía, que aumenta un 3,85 por cento.
A Xunta de Castela e León permitirá que parte dos seus funcionarios traballen desde a súa casa tres días á semana. Esta medida, que tamén é aplicable oa persoal laboral, ten de momento carácter experimental.