Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Sociedade  |  RSS - Sociedade RSS

"science"

Crean un antídoto contra tumores cancerosos en ratos

26.11.2009 Trátase dun implante "moi efectivo" que se aplica en combinación con outras terapias

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE

Científicos estadounidenses crearon un implante que actúa como vacina e que elimina tumores cancerosos en ratos, revelou un estudo divulgado onte pola revista Science Translational Medicine.

A técnica podería ter vantaxes sobre a quimioterapia e a cirurxía e podería aplicarse en combinación con outras terapias, de acordo co informe. Segundo os científicos da Universidade de Harvard e do Instituto Dana-Farber do Cancro, o procedemento que activa o sistema inmunolóxico tamén podería usarse noutros mamíferos.

O procedemento consiste no implante baixo a pel de pequenos discos plásticos impregnados con antíxenos tumorais específicos que reprograman o sistema inmunolóxico para atacar os tumores. Este traballo mostra o poder de aplicar de forma combinada procedementos da enxeñería (xenética) á inmunoloxía, sinalou David Moony, profesor de bioenxeñería da Escola de Enxeñería e Ciencias aplicadas da Universidade de Harvard.

"Ó combinar a enxeñería coa inmunoloxía coa colaboración de Glenn Dranoff, do Instituto Dana-Farber do Cancro, logramos un importante avance no deseño de vacinas efectivas contra o cancro", agregou. O procedemento dirixe o sistema inmunolóxico para loitar contra os tumores e parece ser máis efectivo e complexo ca outras vacinas actualmente en probas clínicas, segundo o informe. Esas inmunizacións convencionais extirpan as células inmunolóxicas e reprográmanas para que ataquen.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS