Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Sociedade  |  RSS - Sociedade RSS

españa

Cun test sanguíneo poderase detectar o alzhéimer temperán

26.11.2009 "ABtest" demostrou nos primeiros estudos unha fiabilidade en torno ao 90%

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

Araclon Biotech, compañía española dedicada ao desenvolvemento de ferramentas de diagnóstico e tratamento do alzhéimer, presentou onte o novo "ABtest", un kit cuantificador da proteína beta amiloide 40 e 42 capaz de detectar o alzhéimer nos primeiros estadios da enfermidade, que só en España afecta a máis de 150.000 persoas.

Ata agora, o único método de diagnóstico para determinar se un paciente padece alzhéimer son os test cognitivos realizados polo neurólogo e a medición do nivel de proteínas beta amiloides (asociadas á formación de placas e nobelos no cerebro que provocan a neurodexeneración) a través dunha punción lumbar.

Neste sentido, o "ABtest" só necesita unha mostra de sangue do paciente para discriminar cun "alto nivel de sensibilidade e especificidade" os individuos sans, respecto dos que presentan deterioración cognitiva leve e enfermidade de alzhéimer, "con máis dun 90 por cento de fiabilidade e en só unha semana", asegurou a directora xeral de Araclon, Pilar de la Huerta. O "ABtest" "promete ser unha revolución no mundo sanitario e da investigación" desta enfermidade, xa que, na actualidade, o Alzheimer só se pode diagnosticar con seguridade post mortem ou en estados moi avanzados, cando a deterioración cognitiva é practicamente irreversible. Mentres que, se os próximos ensaios confirman a súa eficacia, nuns poucos anos poderase xeneralizar o diagnóstico.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS