Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] España  |  RSS - España RSS

valencia

Leire Pajín, senadora por fin con 38 votos a favor e 56 en branco

26.11.2009 A número tres dos socialistas valora o "acto parlamentario de normalización democrática" de onte ao acabar con seis meses de "bloqueo"

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE

A secretaria de Organización do PSOE, Leire Pajín, foi elixida onte como senadora territorial pola Comunidade Valenciana no pleno de Les Corts con 38 votos a favor e 56 papeletas en branco.

Pajín seguiu a súa designación desde a tribuna de invitados do Parlamento valenciano acompañada doutros senadores socialistas, como Joan Lerma e Carmen Alborch, e da voceira do PSOE no Senado, Carmela Silva. Este pleno extraordinario, que espertou unha grande expectación mediática, contou coas ausencias do presidente da Generalitat, Francisco Camps, de seis conselleiros e do ex secretario xeral do PPCV e ex voceiro parlamentario Ricardo Costa, quen si asistiu ao pleno inmediatamente anterior sobre orzamentos.

En declaracións aos xornalistas tras recoller a súa credencial de mans da presidenta de Les Corts, Milagrosa Martínez, Pajín expresou a súa "satisfacción" pola elección, pero dixo que o "bloqueo" dos seis últimos meses por parte do PP "xamais debería ocorrer en Democracia".

"Espero e confío que xamais volva ocorrer", sinalou a socialista, para quen o pleno extraordinario de onte foi "un acto parlamentario de normalización democrática" que permitirá completar o grupo socialista no Senado. Pajín, quen comezou a súa intervención en valenciano e tras posar para os fotógrafos coa súa nova acta, manifestou "unha vez máis" o seu "compromiso" cos cidadáns da Comunidade, que segundo insistiu é a súa "terra", o lugar onde sempre militou politicamente e ao que se "enorgullece" de representar.

Esta elección pon fin a seis meses de proceso desde que os socialistas valencianos a propuxesen para o cargo en substitución de Perelló, quen renunciou ao escano para formar parte das listas do PSOE nas eleccións europeas pasadas. O PP, que propuxera a designación de Pajín para febreiro de 2010, decidiu finalmente fixala para onte para "abrir unha nova etapa", na que se vai intentar "evitar calquera tipo de confrontación que sexa allea á defensa dos intereses dos valencianos".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS