Venres 10.09.2010  | Actualizado 21.55      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Mundo  |  RSS - Mundo RSS

casa branca

Afganistán: 9 anos máis

26.11.2009 Obama anunciará o martes a nova estratexia a seguir no país árabe. "The Wall Street Journal" asegura que enviará miles de soldados para controlar o sur

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE . WÁSHINGTON

Obama e mais a súa esposa Michelle ofrecéronlle unha cea de Estado ó primeiro ministro indio, Manmohan Singh FOTO: Michael Reynolds/EFE
Obama e mais a súa esposa Michelle ofrecéronlle unha cea de Estado ó primeiro ministro indio, Manmohan Singh
FOTO: Michael Reynolds/EFE

O presidente de EEUU Barack Obama anunciará o vindeiro martes nun discurso á nación desde a Academia Militar de West Point (Nova York) que as tropas de Estados Unidos non permanecerán en Afganistan máis de nove anos, informou onte a Casa Branca. O voceiro presidencial, Robert Gibbs, dixo, a preguntas dos xornalistas, que EEUU non planea estar no país centroasiático outros "oito ou nove anos".

Obama daralles un discurso ós cidadáns o vindeiro martes 1 de decembro ás 20:00 horas (2:00 horas do mércores en España) no que revelará a súa esperada nova estratexia para Afganistán, segundo anunciou Gibbs. O discurso realizarase desde a academia militar de West Point.

Segundo afirmou onte o xornal The Wall Street Journal, Obama enviará entre 20.000 e 40.000 soldados de reforzo a Afganistán, que se concentrarán na rexión sureña de Kandahar. O diario, que cita entre as súas fontes o novo comandante das forzas de coalición no sur de Afganistán, o xeneral británico Nick Carter, engade que os mandos castrenses xa preparan o despregamento das tropas adicionais.

"Os mandos militares en Afganistán dedicarán a maioría das novas tropas a controlar a conflitiva rexión sur do país e concentraranse especialmente nesa cidade (Kandahar), a principal base de poder dos talibáns", segundo o xornal.

Obama anunciará a semana próxima a súa estratexia, "pero ata antes de que o presidente presente o seu plan ante a opinión pública, os mandos militares sobre o terreo xa están listos para aplicar un plan que fai do establecemento dun círculo defensivo ao redor de Kandahar o eixe da loita que se aveciña", continua o artigo. Os mandos militares "planifican o emprazamento de miles de soldados, agora espallados no sur afgán, nun nutrido cordón ao redor das aforas de Kandahar", engade o diario.

Ao mesmo tempo, EEUU e os seus aliados centrarán no país a axuda económica, política e policial para persuadir os habitantes de que o Goberno afgán é mellor alternativa que os talibáns. Miles de soldados controlarán as rutas principais que pasan a través de Kandahar cara a Paquistán e o sur de Afganistán".

REACCIÓN TALIBÁ

O mulá Omar augura o fracaso total

O líder dos talibáns afgáns, mulá Omar, afirmou onte que calquera nova estratexia de guerra decidida por Wáshington, incluído o envío de soldados adicionais, está condenada ó fracaso, e volveu rexeitar a petición de Cabul de manter negociacións. Nun comunicado público, pouco usual, publicado nunha páxina web talibá de cara á festividade musulmá de Eid al Adha, o líder talibán tamén lles pide ós afgáns que rompan os vínculos co seu Goberno "monicreque". Nunha parte do seu discurso, Omar diríxese "ós gobernantes da Casa Branca e ós belixerantes americanos", e afirma que Estados Unidos e os seus aliados se enfrontan a unha derrota "segura" en Afganistán e que ningunha estratexia funcionará, incluída as tropas adicionais. "É unha derrota que non pode ser evitada polo reforzo de tropas nin pola formulación de estratexias consecutivas e irracionais. É mellor que se elixa a vía do razoamento en vez do militarismo, ademais de poñerlle un fin á ocupación de Afganistán", indica o comunicado.

Wáshington, a ameaza para Irán

O presidente do Parlamento iraniano, Alí Lariyaní, reiterou onte que Estados Unidos constitúe a principal ameaza para Irán e recomendou non deixarse "enganar" por este país "arrogante". O político iraniano subliñou que "sería un grande erro crer que cos seus movementos, os esta- dounidenses cambian de postura respecto de Irán". Lariyaní subliñou que Wáshington foi unha ameaza continua para Irán desde o triunfo en 1979 da Revolución Islámica e sinalou que "os cantos de serea norteamericanos atraeron nalgunhas ocasións a diferentes gobernos" iranianos.

EEUU rexeita o tratado de minas

Estados Unidos reiterou onte a súa posición de que non asinará o tratado internacional de prohibición de minas terrestres, informou o voceiro do Departamento de Estado, Ian Kelly. "Decidimos que a nosa política sobre minas terrestres siga vixente", dixo o voceiro, que anunciou que EEUU enviará un grupo de expertos en minas á conferencia que se celebrará en Colombia para revisar o tratado. A pesar de non formar parte dos países que subscribiron a Convención de Otawa, EEUU estará presente como país interesado na seguridade global.

Reproches de Mahmud Abas

O presidente da Autoridade Nacional Palestina, Mahmud Abas, asegurou que o mandatario estadounidense, Barack Obama, "non está facendo nada" a favor do proceso de paz en Oriente Próximo. "Ata o momento non fixo nada, aínda que nos invitou a renovar as negociacións co Goberno hebreo. Espero que no futuro xogue un papel máis destacado e presione a Israel para que cumpra a lei internacional, para que implemente a Folla de Ruta", dixo Abbas, recalcando que a Administración Obama debía presionar a Israel a pórlle fin á construción de asentamentos.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS