Mércores 08.09.2010
| Actualizado 04.09
Hemeroteca web
|
RSS
O Xacobeo Galicia fichou o sprinter Francisco José Pacheco. O ciclista de Valdepeñas (Ciudad Real), de 27 anos, é a quinta incorporación para 2010. Coa contratación do corredor manchego, o Xacobeo Galicia cobre as esixencias da UCI en canto ó mínimo de corredores para os equipos profesionais continentais. Calquera outra novidade no capítulo de altas quedará a expensas do calendario e das opcións que ofreza o mercado.
Con Pacheco, o Xacobeo Galicia quere presentar a súa aposta particular nas chegadas masivas, algo que lle faltou ó equipo que dirixe Álvaro Pino nas súas tres primeiras temporadas no pelotón internacional. O ciclista manchego suma once vitorias como profesional: 10 en 2008 e 1 en 2007, todas elas conseguidas nas filas do equipo continental portugués Barbot.
A boa actuación en 2008, con dúas das dez vitorias en etapas da Volta a Portugal, abriulle ó corredor manchego as portas do pelotón español, a través do Contentpolis-Ampo. Na formación murciana callou unha boa temporada, con moita presenza nas chegadas, aínda que non conseguiría estrear o seu palmarés. Tras esta incorporación, no seo do Xacobeo Galicia considérase que se conseguiu confeccionar para a nova temporada un bloque moi homoxéneo, ó manter os homes claves do equipo: Ezequiel Mosquera, David García e Gustavo Veloso. Os tres tiñan contrato en vigor ata decembro de 2010. No capítulo de altas, ademais de Francisco José Pacheco, inclúense Gustavo Rodríguez, José Antonio de Segovia, Rodrigo García e Nelson Oliveira.
Pereiro correrá ó lado de Contador na vindeira campaña
O ciclista galego Óscar Pereiro correrá a próxima temporada no Astana, equipo que liderará o campión do último Tour de Francia, Alberto Contador en 2010. Pereiro, que se expuxo deixar a bicicleta no ámbito profesional tras a última mala tempada, dáse unha nova oportunidade na elite como lugartenente de luxo de mellor ciclista español.