Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

maré hoxe

Berrogüetto, cósmicos

26.11.2009 Desde hoxe, pódese descargar na páxina de R o primeiro single que se extrae de ‘Kosmogonías’, o próximo álbum de Berrogüetto, un traballo que marca unha inflexión dunha das formacións máis internacionais da música galega. O grupo tamén ofrecerá un pequeño set acústico na Coruña o domingo, dentro do programa AchegArte.

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Xabier Díaz é a nova voz de Berrogüetto e supón a primeira vez que o grupo galego utiliza unha voz masculina nun dos seus álbumes FOTO: Axencias
Xabier Díaz é a nova voz de Berrogüetto e supón a primeira vez que o grupo galego utiliza unha voz masculina nun dos seus álbumes
FOTO: Axencias

Berrogüetto publicará novo disco no ano 2010 -Kosmogonías- cunha novidade: por primeira vez terán unha voz masculina, a de Xabier Díaz, novo integrante da formación dende a marcha de Guadi Galego en xaneiro de 2008.

Kosmogonías é o quinto traballo do grupo, un dos de maior repercusión internacional en Galicia, e nel tratan de enfrontarse a unha reflexión entre a humanidade e o universo para facer unha chamada cara á consecución dun sistema de organización máis xusto? O disco, en palabras dos membros do grupo, reúne "todas aquelas vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar a súa contorna".

O primeiro single de Kosmogonías será Danza de Meirol, que se pode descargar de xeito gratuíto e en exclusiva na web de R (www.mundo-R.com) dende hoxe. Danza de Meirol está baseada na tradición e foi recuperada grazas ao traballo de campo habitual dun grupo que compila os sons e as voces de Galicia, en moitas ocasións vivos só de maneira oral. Porén, o tema, seguindo o estilo definido por Berrogüeto, evoluciona a través dun tratamento contemporáneo.

O domingo 29 de novembro, ás 12:00 horas e no marco de AchegArte, espazo de encontro e intercambio da industria cultural galega, Berrogüetto ofrecerá un pequeno set acústico que se completará cunha sinatura de discos e coa escoita do single Danza de Meirol, unha oportunidade de intercambiar impresións cos sete membros do grupo.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS