Venres 10.09.2010  | Actualizado 21.55      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

fraseoloxía

Dobrovol"skij presenta as súas teorías en Compostela

26.11.2009 Co apoio de Política Lingüística

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

O ruso Dmitrij Dobrovol"skij, un dos grandes especialistas en fraseoloxía a escala mundial, estará mañá en Santiago para presentar a súa última obra, Aspectos teóricos da fraseoloxía, que realizou xunto con Anatolij Baránov. A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, publicou esta versión ao galego, primeiro e único idioma ao que foi traducido o traballo, escrito orixinariamente en ruso.

No acto de presentación, que terá lugar ás once da mañá na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o decano da facultade, Ernesto González; o académico Xesús Ferro, e a filóloga Carmen Mellado.

Anatolij Nikolaevich Baránov e Dmitrij Olegovich Dobrovol"skij son doutores en filoloxía, catedráticos e colaboradores do Instituto da Lingua Rusa da Academia das Ciencias de Rusia. A súa especialidade é a semántica lingüística, a lexicoloxía, a lexicografía, a lingüística de corpus e a fraseoloxía. Os dous son autores de varias monografías e dicionarios.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS