Venres 10.09.2010  | Actualizado 21.55      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

audiovisual

Ao outro lado de Xibraltar

26.11.2009 Galicia achégase á realidade do continente negro coa I Mostra de Cine Africano

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Cinco filmes -dúas longametraxes, dúas curtas e un documental- forman o programa da I Mostra Itinerante de Cine Africano en Galicia, que hoxe comezará as súas proxeccións na Coruña para, posteriormente, visitar Santiago, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira e Rianxo. O ciclo, organizado pola Deputación da Coruña e Casa África, insírese nunha inciativa Cinenómada, que constitúe unha aposta de Casa África pola difusión do cine africano como panorámica da realidade cultural dese continente.

A programación e os obxectivos do ciclo foron presentados onte pola mañá, na sede da Deputación da Coruña, polo presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, e polo director xeral de Casa África, Ricardo Martínez Vázquez.

Fernández Moreda explicou que con este ciclo preténdese achegar a realidade do continente africano á provincia da Coruña. Un continente diverso que "sufriu a explotación e a colonización de Occidente". A pesar de estar a piques de conmemorar -será o próximo 2010- o cincuentenario da independencia dun total de 17 países do territorio, engadiu: "África non é máis rico, nin ten máis prosperidade; ó contrario, a fenda da desigualdade segue aumentando. Os occidentais analizamos as realidades desde a óptica dos nosos propios valores, tratando de imporlles a nosa forma de vida a todos os demais".

O ciclo inscríbese dentro dun ambicioso programa de cooperación exterior da Deputación da Coruña, institución que desenvolve accións en Etiopía, Senegal, Kenya, Mozambique, Congo e Burundi, basicamente relacionados coa sanidade e a educación. As longametraxes que se proxectarán neste ciclo son: Faro la reine des eaux, coprodución na que participan Malí, Burkina Faso, Francia, Canadá e Alemaña, e que trata sobre as tradicións locais e a exclusión; e The Wooden Camera, ambientada nos suburbios de Cidade do Cabo, e na que se analiza a violencia persistente no país dez anos despois do fin do apartheid.

O ciclo inclúe tamén as curtas: Humanitaire!, rodada en Burkina Faso, e One Goal, produción española ambientada en Serra Leona; así como dun documental, Vitimes de nous richesses, no que se recollen os testemuños de mozos africanos tras intentar cruzar a fronteira española a través de Ceuta e Melilla.

EN AXENDA

Coloquios complementarios

O ciclo complementarase con coloquios e debates nos que participarán expertos como Luis Gaviria, especialista en observación de procesos electorais e axuda humanitaria; Desiré Kouakou, representante da asociación Egeuire de Costa do Marfil, Papa Diop, da asociación Asesor Teranga, Mar Thiaw da asociación de senegaleses de Ribeira, e Iria Vázquez, socióloga da Universidade da Coruña. A "situación en África é moito máis grave", dixo o director de Casa África, entidade que pretende "ser a voz do continente africano en España".

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS