Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

concertos

Schoenberg conquista a Filharmonía de Galicia

26.11.2009 A orquestra ofrece hoxe no Auditorio de Galicia a súa "Noite transfigurada"

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

O Auditorio de Galicia acolle hoxe, a partir das nove da noite, un concerto da Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Antoni Ros Marbà, cun programa que inclúe unha das mellores composicións de Arnold Schoenberg, Noite transfigurada. O programa complétase con Saturnal, que o galego Manuel Balboa, falecido prematuramente no 2004, compuxera precisamente para o nacemento da Filharmonía e que se estreou no concerto inaugural do 29 de febreiro de 1996. A segunda parte do concerto vaina ocupar a Sinfonía Xúpiter de Mozart.

Precisamente con este mesmo programa a orquestra viaxará a Madrid o 3 de decembro, onde actuará no Ciclo Orquestas y Solistas del Mundo de Ibermúsica, un dos mellores festivais musicais europeos.

A Noite transfigurada de Arnold Schoenberg foi obxecto dunha charla-coloquio que o mestre Ros Marbà mantivo cos alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, o luns pasado.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS