Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Disque na Consellería de Traballo e Benestar hai unha directora xeral, Ana María Díaz, condenada pola Xustiza en firme por despedir traballadoras sen contrato. Primeiro dixeron que era unha campaña contra dela. Logo, que era cousa do pai e dun irmán. Agora, o PP bótalle a culpa á nai. Para ser tan de dereitas, que pouco respecto acreditan pola institución familiar. Iso si que é ir adrede contra da familia. Moito falar da defensa dos valores familiares, pero vese que cotizan á baixa na rexeneración democrática que prometera O Noso Alberto. Haberá cousa máis fea que acusar ou deixar que acusen en público a túa nai? Moito lles debe pagar a pena seguir no cargo a ela e mais a quen a mantén nel. antonlosada.blogspot.com