Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

edición

2.0 traduce "Non penses nun elefante!", de G. Lakoff

23.12.2010  E tamén ‘O home que era Xoves’

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

A editora 2.0 acaba de pór nas librarías as súas dúas últimas novidades nas coleccións Mundos (narrativa) e Supertextos (ensaio). Trátase da novela O home que era Xoves (Mundos 3), do autor inglés G. K. Chesterton, traducida por primeira vez á nosa lingua, e a tradución do best-seller Non penses nun elefante!, do lingüista George Lakoff.

O home que era Xoves foi todo un descubrimento para milleiros de lectores de todo o mundo no que vai de século (publicouse alá por 1908), pero ademais de ser xa un clásico das letras convértese hoxe en imprescindible para comprender boa parte das técnicas narrativas máis actuais e vinculadas a produtos de ficción de extrema actualidade coma as series Lost ou Heroes.

Non penses nun elefante! explica os avances políticos da dereita norteamericana e a súa utilización da linguaxe e do discurso para gañar adeptos e provocar que os datos da realidade ou os propios intereses deixen de ser, paradoxalmente, determinantes á hora de votar, por non adaptarse a marcos preestablecidos na mente dos electores.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS