Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

idioma

8 castelán-5 galego

23.05.2010  Os equipos de normalización presentan a segunda fase de "Orgullosos do galego" cun demoledor informe sobre o decreto da Xunta, ao que acusan de provocar desquilibrios

5.0/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Xurxo Lobato colabora na campaña da ENDL cunha fotografía da paisaxe galega
Xurxo Lobato colabora na campaña da ENDL cunha fotografía da paisaxe galega

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) presentou onte en Santiago a segunda fase da campaña Orgullosos/as do noso, orgullosos/as do galego, na que participan corenta personalidades de diferentes ámbitos da sociedade galega que mostran en forma de textos, de debuxos, de fotografía e mesmo a través do hip hop, o seu compromiso co idioma propio.

Paralelamente, a ENDL remitiu un comunicado no que considera que o Decreto do Pluruilingüismo acentúa o desequilibrio entre as linguas oficiais, propiciará a inmersión en castelán en infantil e non garante que o alumnado acade a competencia en lingua galega ao rematar o ensino obrigatorio, "tal e como procura a lexislación educativa en materia lingüística", sunliñan nun demoledor comunicado contra o texto aprobado a pasada semana polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo..

Para a Coordinadora, é falso "que exista equilibrio entre galego e castelán, idea coa que o goberno pretende vender o novo texto lexislativo. O galego, lingua propia de Galicia e necesitada de protección, queda nunha situación moi inferior ao castelán no ensino".

A xuízo do colectivo, hai varias razóns para o novo vdesquilibrio que instaura a Xunta. A primeira delas é que "en realidade hai máis materias marcadas como obrigatorias en castelán ca en galego. Por exemplo, en 3º da ESO falamos de 8 horas semanais de materias que se deben impartir obrigatoriamente en castelán fronte ás 5 horas en galego". No resto das materias, engaden "é imposible chegar ao 50% do ensino en lingua galega porque non existen materiais de todo tipo editados nesta lingua". Ademais, indican "a consulta ás familias, que agora se publicita como "pregunta vinculante", en Infantil propiciará a inmersión en castelán pois, como sinalan os últimos estudos, o galego xa non é a lingua maioritaria nas franxas de idade máis novas. O novo decreto non contempla ningún tipo de medidas tendentes a sentar as bases da adquisición da lingua non predominante na aula.

O PERFIL

A EDNL cualifica de "síntoma moi significativo" que a Consellería de Educación pretenda mudar "o noso nome por Equipos de dinamización, como se xa non fose preciso "normalizar" unha lingua coma o galego.

REACCIÓNS

"Síntoma moi significativo" O PP segue a falar de "avance"

O PPdeG defendeu onte que o decreto do plurilingismo representa unha "achega firme e decidida" por parte da Xunta para impulsar o "equilibrio" das linguas oficiais e a "liberdade como mellor defensa do idioma galego". O voceiro de Educación do grupo parlamentario popular, Román Rodríguez, reiterou que o documento supón un "importante avance" para fomentar a convivencia entre galego e castelán, á vez que aplaudiu o "compromiso" do xefe do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

O PSdeG pide "diálogo"

O viceportavoz do grupo do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, instou onte a Núñez Feijóo, para "rectificar na súa política de confrontación a contra da lingua galega" e a "paralizar a entrada en vigor do decreto, xa que o idioma propio de Galicia precisa de discriminación positiva e este decreto supón unha clara involución".Segundo declarou, "a rectificación e a paralización do decreto permitiría abrir un espazo para o diálogo, que ten non parlamento un escenario natural para buscar un amplo acordo político e social".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS