Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 23.08.2014  | Actualizado 10.59

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Maré

na rede

A xeración Money4Artist

Nace Herzio, unha empresa española que ofrece a través de Facebook unha plataforma para difundir novos grupos de música

Imaxe dos integrantes de Herzio, unha empresa española que opera a través de Facebook - FOTO: AXENCIAS
Imaxe dos integrantes de Herzio, unha empresa española que opera a través de Facebook - FOTO: AXENCIAS

EFE/E.P. . MADRID   | 24.02.2011 
A- A+

As redes sociais e a música danse a man en Herzio, unha empresa española que opera a través de Face­book e que lles ofrece ás bandas e aos seus seguidores distintas aplicacións que constitúen unha nova plataforma de promoción para os artistas. Tres alicerces sustentan o proxecto bautizado como Herzio, cuxa máxima baséase na filosofía do movemento Money4Artist, creado por eles mesmos e que pon de manifesto que os artistas, sexan independentes ou non, poidan utilizar as novas tecnoloxías para explotar a promoción do grupo.

O director xeral do proxecto, Borja Prieto, explica que Herzio quere ofrecer "algo realmente útil e feito baixo o punto de vista do usuario". En primeiro lugar as bandas rexistradas en Herzio poden crear un perfil a través da Fan Page, onde existe un reprodutor para aloxar as cancións, un enlace á tenda iTunes e ata un álbum coas fotografías e as portadas dos discos.

Na Fan Store os usuarios poderán comprar as camisetas do seu grupo favorito, que previamente establece as marxes de beneficio e só ten que ocuparse do deseño porque a produción e o envío corren a cargo de Herzio.

Grazas á ferramenta Qstoms, tamén desenvolvida por unha empresa que resalta o fácil que é manexar estas aplicacións, calquera persoa pode crear a súa tenda e ofrecer artigos personalizados a través de internet.

Para rematar, a venda de entradas a través de Fan Shows dálles a opción ós grupos de vender as entradas directamente ou a través doutras canles. Ademais Herzio.fm, a radio online lanzada pola compañía, é outra das ferramentas que serven para difundir a música das bandas rexistradas.

"O principal desafío foi o financiamento", admite Javier Fernández, co-fundador de Herzio, quen engade que é "máis fácil" sacar adiante unha empresa tecnolóxica en Estados Unidos que en España, onde se tarda máis tempo en buscar o diñeiro que en pór en marcha o proxecto.

As ferramentas desenvolvidas por Herzio tamén son compatibles con iPod e iPad, indica David Zafra, quen tamén cofundou unha empresa de mozos emprendedores cun persoal de once traballadores.

Neste momento hai máis de 6.000 grupos rexistrados en Herzio.com, moitos deles latinoamericanos: "Hai pouco abrimos unha oficina en México DF e tivemos unha gran acollida en países como Venezuela, China ou Estados Unidos", explica Prieto, quen destaca a presenza de grupos tan emblemáticos como Café Tacuba e Motel.

O FUTURO DO SECTOR

Borja Prieto, anteriormente director de MySpace, asegura que a Rede non é a única vía senón que é necesario chegar a un equilibrio que se consegue coa axuda deste tipo de plataformas. "A través da industria discográfica, a pesar de que estea sufrindo nestes momentos, seguirán saíndo grupos adiante porque todo é necesario", indica Prieto. Segundo el "son tan necesarias as grandes multinacionais como as pequenas".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS