Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 10.12.2018 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

música

Aló Irmao pecha este venres a súa xira polo Brasil

Hoxe actuarán en São Paulo

REDACCIÓN   | 02.12.2009 
A- A+

Porto Alegre, Jequié, São Paulo e Salvador de Bahía son as paradas da xira que Aló Irmao está a realizar por Brasil. O dúo formado polo galego Fran Pérez Narf e o músico guineano Manecas Costa actuou onte no Centro de Cultura ACM de Jequié, no estado de Bahía, e hoxe na Sala Adoniram Barbosa do Centro Cultural São Paulo.

O venres pechan a xira cunha actuación no Teatro Castro Alves de Salvador de Bahía, escenario principal do Mercado Cultural. Alí amosarán o resultado dun obradoiro no que traballaron durante esta fin de semana con dez alumnos de percusión arredor do tema Quero ser tambor.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS