Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.03.2017 Actualizado 18:08
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Maré

libro

Alvarellos reúne os escritos de Cunqueiro sobre a cidade de Lugo

Nun novo volume da colección "Rescate", preparado por María Xesús Nogueira

REDACCIÓN   | 09.02.2011 
A- A+

Alvarellos acaba de tirar do prelo un novo volume da Colección Rescate que reúne por vez primeira os escritos en prosa que Cunqueiro dedicou a Lugo. Entre os 24 textos recuperados figura un moi descoñecido: o discurso do Bimilenario, de 1975. Cunqueiro reencóntrase en Viaje a Lugo. Páginas sobre la ciudad cunha paisaxe vital e emocional: a cidade das Murallas.

Alvarellos Editora conmemora con este novo volume da Colección Rescate (o número 14) o centenario do nacemento do escritor. A obra reúne 24 prosas onde o narrador se deixa seducir pola historia bimilenaria desta urbe, percorre os seus espazos máis amenos o evoca personaxes queridos como o trovador Esquío, o poeta Luís Pimentel ou o autor de relatos Ánxel Fole. Coordinou o volume a profesora María Xesús Nogueira, especialista no autor.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS