Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 10.12.2018 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

en breve

Antonio Pina recibe sorprendido o Camões das letras portuguesas

REDACCIÓN  | 13.05.2011 
A- A+

O escritor luso Manuel Antonio Pina recibiu onte con sorpresa a noticia de que foi distinguido co Premio Camões, o máis importante das letras en lingua portuguesa, e confesou que nunca imaxinara que fose gañalo.

"Nunca pensei que a miña obra fose coñecida máis aló da miña rúa", comentou con sinxeleza a varios medios de Lisboa un emocionado Pina, que sucede na lista de premiados con este galardón ó brasileiro Ferreira Gullar. Nervioso e coa voz entrecortada, o escritor, de 67 anos, reaccionou con humildade e dixo sentirse "avergoñado" por recibir un premio no que competiron autores "de calidade", segundo dixo. Pina explicou que os galardóns literarios son "unha forma de recoñecemento" e comentado que a todos lles gusta verse "recoñecidos nas pequenas cousas que se fan na vida". "É unha forma moi xenerosa de recoñecemento. Pero ata premios como este, de moito prestixio, cun xurado moi cualificado, non fan as obras mellores ou peores", sentenciou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS