Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 19.05.2013  | Actualizado 17.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Maré

idioma

"Apostemos polo noso"

Moncho Borrajo: "Que a xente culta non fale galego é un problema. Eu non quero que a lingua se impoña, hai que falala por amor e necesidade"

Moncho Borrajo na Sala de Arte do Grupo Correo Gallego, onde participa na exposición ‘Andante’FOTO:
Moncho Borrajo na Sala de Arte do Grupo Correo Gallego, onde participa na exposición ‘Andante’FOTO:

F. FRANJO/S. ROMERO . SANTIAGO   | 09.01.2011 
A- A+

Os que o coñecen saben que lle gusta ser máis Moncho que Ramón e que alá onde estivo sempre presumiu de galego. Hai tres anos, ese neno grande de 60 anos deixaba o espe­ctáculo logo de 38 anos nos escenarios "fíxeno para atender o meu pai".

Moncho Borrajo, o mesmo que tempo atrás, no cénit da súa traxectoria meteu ata sete mil persoas no Coliseo da Coru­ña ata tres veces -algo que só ­fixeron Sinatra ou Julio Iglesias- agora vive en Vigo desde hai tres anos e trémelle o sorriso cando encaixa a pregunta de volver ás táboas. "Non o sei. E­stou facendo algunhas actuacións para a miña fundación pero non se se volverei e se o fago nunca como antes, porque a miña vida era un ho­tel sen almofada".

Así llo manifestou a Sandra Romero en Radio Obradoiro. Pe­ro é obvio que a estas alturas o cómico de Baños de Molgas xa non ten pelos na lingua. De feito nunca os tivo. Ademais das súas palabras despréndese a pa­labra nostalxia: "as actividades culturais e políticas non están afeitas a que existe es­ta persoa que agora vive en Vi­go. Aínda me teñen en Madrid. De feito non recibo invitacións pa­ra case nada, non contan que es­tea aquí e estou en Vigo hai case tres anos".

Por un momen­to, Moncho Borrajo deixa a un la­do a súa faceta de cómico e amosa o rigor que lle dan os anos. Apunta e dispara cara a todos os lados sen deixar ningunha póla sen tocar. En primeiro lugar criticou o que denominou "nacio­nalismos negativos".

 

"Parece que quen triunfou fóra molesta"

"Creo que desaparecerían viaxando. Temos unha terra fermosa. Bue­nos músicos, pintores, artistas, moda, un pobo traballador pe­ro non nos aproveitamos dos nosos e non o digo só polo meu senón por outro moitos. Gústanos máis aplaudir os de fóra. Pa­rece como que os que triunfa­mos fóra molestásemos. Eu non entendo que un Goberno teña que traer de fóra cantantes de toda España cando aquí te­mos a xente para encher teatros constantemente, sobre todo para celebrar algo noso. Apostemos polo noso".

O cómico tamén tivo palabras para o estado actual do mundo cultural galego. "Preocúpame que está moi disperso: Ourense, Lugo, A Coruña... É coma se cada un fixese un camiño diferente. Que mellor que un arquitecto noso para coñecer a nosa cultura, o noso xeito de con­struír? Por exemplo en literatura, ocorre igual, xente como Manolo Rivas ou Alfredo Conde ten que traducir os seus libros porque non se vende o libro galego".

Precisamente sobre a lingua galega quixo pronunciarse dunha forma especial. Borrajo en­tende que "a xente culta gale­ga non fala galego "e iso é un problema. Para certo sector segue sendo pexorativo. Eu non quero que se impoña o galego por co­llóns, hai que falalo por amor, por necesidade. As imposicións son malas".

E os seus proxectos de futuro? Moncho Borrajo, que se definiu a si mesmo como un manipulador de sentimentos, escribe, pensa, pin­ta, "estou pasando por unha época esencialista".

En breve iniciará na estación marítima de Vigo unha exposición de 30 meninas. Está montando ademais a súa fundación en Baños de Molgas para axudar a nenos con problemas psíquicos e físicos e dar un premio de pintu­ra anual ou bienal.

Esta fundación empezará primeiro polos nenos de Ourense e continuará polo resto de Galicia, "E tamén para os nenos superdotados que teñen problemas para conseguir unha bolsa. "Niso ando".

BIOGRAFÍA

Moncho Borrajo naceu o 24 de decembro de 1949 en Baños de Molgas (Ourense). Dende os 14 anos escribía poemas e pouco despois descubriu que era un superdotado. Estudou a carreira de Arquitectura técnica e Belas Artes. En 1985 subiu por primera vez ós escenarios. Conseguiu crearse unha gran fama na madrileña de Cleofas e noutras salas da capital. Aos 57 anos decidiu xubilarse dos escenarios.

RAMÓN ESCUREDO

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS