Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02
A libraría compostelá Kómic acolle hoxe ás 18:00 horas da tarde a presentación da obra de Juan Junquera e mais Alfonso Martínez, co-guionista e mais debuxante, respectivamente, da obra O Regreso do Caralludo Sr. Mundo. Este traballo, autoeditado hai un par de meses polos autores, en colaboración con Volta Editores, é a adaptación á banda deseñada da obra de teatro homónima escrita polo propio Juan Junquera xunto con Nathan Carter. O volume é unha sorpredente revisión do xénero de superheroes, onde os protagonistas reflexionan sobre a súa propia razón de existir e de habitar o mundo. A obra está chea de homenaxes, referencias, páxinas espectacularmente debuxadas e un certo chisco de retranca. O cómic sitúase en Macropole, berce da superheroicidade mundial, que amence sumida no auténtico caos.
Os seus autores asinarán exemplares da obra logo da presentación.
