Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 18.09.2019 Actualizado 20:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

maré hoxe

Bicos con lingua

"Este é un acto de declaración de amor ao idioma, cunha parte reivindicativa, ante tanto desamor que está a practicar o Goberno de Feijóo coa nosa lingua", dixo onte Carlos Callón na bicada celebrada en Compostela. Até o acto, minguado pola presenza da choiva, chegaron as críticas á minusvaloración do idioma feita por unha moza en 'Gran Hermano'

X. CREGO   | 15.02.2011 
A- A+

Fernando Blanco
A bicada reuniu no Toural varios mozos que se bicaron en defensa da lingua galega
FOTO: Fernando Blanco

Goza coa túa lingua volveu onte ser o lema principal da Mesa pola Normalización Lingüística. A asociación recuperouno co gallo do día dos namorados, que festexou cunha invitación colectiva a se bicar no Toural. A concentración tivo máis humor que paixón, pero a súa mensaxe foi na procura dun final feliz para unha relación que xulga tormentosa, a da Xunta de Feijóo co idioma, na que a Mesa aprecia máis desamor por parte do Goberno que outra cousa.

"Este é un acto de declaración de amor ao idioma, cunha parte lúdica evidente, pero tamén reivindicativa, ante tanto desamor que está a practicar o Goberno de Feijóo coa nosa lingua", expresou o presidente da Mesa, Carlos Callón, que lle pediu ao presidente que empece a desenvolver unha política de promoción do idioma.

A choiva botou atrás a moitos dos máis dos 600 asistentes que confirmaran a súa asistencia a través das redes sociais, pero o acto de Santiago tivo réplicas noutras localidades galegas e mesmo en cidades do estranxeiro. Nos taboleiros virtuais quedaron tamén en vésperas desta cita de San Valentín patentes as mostras de respecto, amor e paixón ao galego.

E unha morea de comentario críticos co desamor pola lingua da concursante coruñesa de Gran Hermano, que nunha charla nunha compañeira do programa aseguroulle que o galego é cousa de mozos "paletos" ou "nacionalistas". A rapaza, de 25 anos e que asegura ser incapaz de falar galego con corrección, confesaba na mesma conversa que logo de botarlle o ollo a un mozo nun bar deulle "o baixón" cando comprobou que falaba galego.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS