Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

idioma

Á busca do bilingüismo restitutivo

26.11.2010  Monteagudo teme que o PP provoque unha crise de cohesión social

3.6/5 [14 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A.R. LÓPEZ . SANTIAGO

Henrique Monteagudo con Antón Reixa, á esquerda, na presentación do documento FOTO: bruno r
Henrique Monteagudo con Antón Reixa, á esquerda, na presentación do documento
FOTO: bruno r

Cuestionar o galego como un dos alicerces da sociedade -en pé de igualdade con termos como democracia, estatuto ou benestar- pode conducir a unha "crise moi seria: unha crise de convivencia e cohesión social gravísima", advertiu onte Henrique Monteagudo na presentación do documento Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Unha reflexión estratéxica, elaborado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) e presentado onte en Compostela polo propio Monteagudo xunto a Antón Reixa.

O documento busca superar a "situación de bilingüismo social desi-gual, diglósigo en orixe" e rescatar un "bilingüismo restitutivo ou de recuperación, isto é regalizador" para evitar a desparición do galego. "Hai quen pensa", subliñou Monteagudo" que o bilingüismo son dous monolinguismos e hai quen pensa que é unha estación de paso para o abadono do galego. Nós apostamos por un bilingüismo de competencia equilibrada e de atracción cara ao galego".

O IGEA escolleu este momento "porque é relativamente sereno e unha vez pasada a tormenta, era bo dar a vista atrás e ver o que pasou. Por que rompeu o consenso. Lamentablemente, demostrouse que o Partido Popular (PP), coa aprobación do decreto de plurilingüismo, trataba a cuestión lingüística unicamente como táctica electoral. Iso é tremendo". O galego forma parte dun modelo de sociedade, é estratéxico e non podemos poñer en cuestión cada vez que hai unhas eleccións.

O que está implícito no documento, engadiu Monteagudo, " é un chamamento á sociedade para que non tolere este tipo de xogos. O PP permítese actuar con esa frivolidade porque a sociedade non ten claro que a normalización forma parte integral da nosa sociedade".

Un dos temores de Monteagudo é que un hipotético triunfo do PP nas próximas eleccións municipais provoque cuestións como o cambio na toponimia da Coruña. O partido de Núñez Feijóo, asegura, "tería que situarse no dilema de derrogar da Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade, pero ese é un risco ao que xa nos ten afeitos, como demostrou co Plan de normalización.

O informe, porén, non só se detén nos xogos dos populares: "A reflexión ten que atinxir a todas as forzas políticas porque todas teñen unha responsabilidade e deben revisar a súa traxectoria ante esta cuestión. Aos socialistas reclamámoslles unha posición máis compacta e coherente, mentres que ao BNG lle pedimos a revisión profunda das súas teses e a actualización do seu discurso de proposta para o galego".

APOIOS AO TEXTO

Incluír o portugués no ensino

Baseándose nas conclusións deste cuarto informe, o IGEA -do que Antón Reixa é responsable da comisión de lingua e cultura-, a entidade insta os poderes públicos para incorporar a lingua portuguesa nos programas de educación obrigatoria xa que, debido á súa "similitude e familiaridade co galego", sería un "activo eficaz" para achegar os cidadáns da comunidade aos "máis de 200 millóns de persoas lusófonas". En concreto, no documento proponse que sexa a segunda lingua estranxeira de todo o ensino. O informe do IGEA conta coas adhesións de Luis Tosar, Víctor Freixanes, Margarita Ledo, Manuel Rivas, Suso de Toro, Rafael Cuíña, César Portela e Manolo Gallego, entre outros.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS