Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.11.2019 Actualizado 23:31
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

folletín

Camilo Franco pecha mañá a súa "Balada triste de moqueta"

Cunha festa na Casa das Crechas

REDACCIÓN   | 15.06.2011 
A- A+

Camilo Franco pecha mañá, día 16 ás 22:30 horas na Casa das Crechas a súa última proposta de literatura para a rede, Balada Triste de Moqueta, o primeiro folletín para facebook do mundo. Acompañarano no escenario o músico Magín Blanco e a actriz e cantante Pepa Yáñez, nunha noite na que prometen que haberá "cervexa, música en directo, lecturas dramatizadas, análise política, algo de mala baba e moito cachondeo".

Será unha oportunidade única de gozar o espectáculo da política en vivo e en directo, co primeiro discurso público dun concelleiro de Festa e Cultura recentemente convertido en alcalde e un escritor, un músico e unha cantante que glosarán os seus magnos triunfos e cantarán algunhas das súas cancións favoritas. A entrada custará 5 euros, "porque algo teñen que levar os artistas e os cartos públicos non dan nin para os acabados en -eiro". Tamén se poderá comprar un pack de Entrada + Camiseta + Libro por 20 euros. Dende o 5 de maio ata o 10 de xuño, Camilo Franco foi deixando na páxina de Facebook de Casa das Crechas da historia do Concelleiro de Festas e Cultura.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS