Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

libro

Castelao na lusofonía

01.08.2010  Através edita o "Sempre en Galiza" en norma portuguesa, con anotacións explicativas e acompañado dunha separata con artigos de Beiras, Camilo Nogueira ou Francisco Rodríguez

5.0/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARE . SANTIAGO

Pola esquerda, Miguel R. Penas, Fernando Corredoira e Camilo Nogueira, na presentación da obra  FOTO: Xan G. Muras
Pola esquerda, Miguel R. Penas, Fernando Corredoira e Camilo Nogueira, na presentación da obra
FOTO: Xan G. Muras

Difundir o Sempre en Galiza de Castelao na lusofonía. E achegar unha edición anotada e manexable deste clásico do galeguismo político. É o obxectivo que o selo editorial da Associaçom Galega da Língua (AGAL), Através/ Editora se propuxo cumprir ao publicar o Sempre en Galiza, por primeira vez, na norma internacional portuguesa.

A obra, presentada no último Festigal, é froito do traballo do profesor Fernando Vásquez Corredoira, autor da adaptación e das notas a rodapé que acompañan esta versión, que inclúe unhas anotacións que a tornan máis completa e comprensible no seu contexto socio-político e histórico.

Miguel R. Penas, director da Através, explicou que o Sempre en Galiza é "un dos alicerces ideolóxicos en que se apoiou o nacionalismo galego para se reconstruír tras a barbarie fascista que comezou o ano 1936, e da cal aínda hoxe padecemos consecuencias ben directas na Galiza".

O libro acompáñase, ademais, dunha separata, Sempre Castelao, na cal escriben unha serie de persoas que son boa mostra da herdanza política que Castelao deixou ao pobo galego. Camilo Nogueira, un dos redactores do anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galiza de 1981 e primeiro eurodeputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de 1999 a 2004; Francisco Rodríguez, especialista en autores galegos como Curros Enríquez ou Rosalía de Castro, membro da Executiva do BNG e deputado no Congreso español de 1996 a 2008; Xosé Manuel Beiras, economista, voceiro nacional do BNG desde a súa fundación en 1982 até 2003 e voceira no Parlamento do BNG de 1985 até 2003; Margarita Ledo, catedrática de comunicación audiovisual da Universidade de Santiago e directora do semanario A Nosa Terra de 1977 a 1980; Encarna Otero, profesora de Historia e vicepresidenta do Concello de Santiago de Compostela de 1999 até 2003; e Luís Gonçales Blasco "Foz", membro da comisión lingüística da AGAL e da Academia Galega da Lingua Portuguesa.

DATOS

A traxectoria do autor

Corredoira foi profesor na Universidade Federal de Goiás (Brasil) e nas Escolas de Idiomas de Ourense e Pontevedra. Na actualidade é tradutor. A Agal chegou a un acordo con Galaxia e os herdeiros de Castelao para editar esta obra.

DATOS

Mantén termos galegos

Corredoira explicou na presentación da obra que, no seu traballo de adaptación do Sempre en Galiza á norma do portugués, mantivo termos galegos. "Hai palabras que cumpría deixar por ter tradición no discurso político galego", dixo. Así, deixou uns 200 termos galegos que, aínda que non figuran nos dicionarios portugueses, si están recollidas en glosarios dialectais ou revistas. Para facer as anotacións, serviuse da edición anotada do Parlamento galego, -dun volume "descomunal"-, e localizou as referencias de Castelao a outros autores a través de publicacións dixitalizadas e da rede.

A cuestión da lingua

Camilo Nogueira indicou na presentación da obra que "para min o galego e o portugués sempre foron a mesma lingua, o cal non significa que teñamos que falar igual". "A nosa lingua", apuntou, "fálana 250 millóns de persoas en todo o mundo", e ser conscientes disto é importante, sinalou, por unha cuestión de "autoestima" e para loitar contra a "idea hexemónica" sobre o castelán que difunde o Estado español. Subliñou o "excelente traballo de investigación" da RAG, e a, ao seu ver, similitude entre a norma da ILG-RAG e a portuguesa, que facilitaría a mudanza cara á segunda.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS