Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

trimonio inmaterial

Coreografías da fe

06.01.2009  Trinta municipios galegos recuperarán as súas danzas "brancas" ou gremiais unindo esforzos nunha asociación

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

CAROLINA A. PIÑEIRO/AGN . SANTIAGO

Xosé González é un dos impulsores desta iniciativa que arrincou na provincia de Ourense
Xosé González é un dos impulsores desta iniciativa que arrincou na provincia de Ourense

Aínda que non coñecidas entre a poboación por ese nome, a ampla variedade de danzas brancas ou gremiais que presenta Galicia levaba tempo roldando pola cabeza dos funcionarios do concello de Redondela, Xosé González, e Celanova, Antonio Piñeiro. Tal era a diversidade de manifestacións coreográficas coas que os galegos expresaban a súa fe que a idea dunha asociación intermunicipal que as agrupase era a que mellor cubría a gran dimensión que adquirían contemplar as danzas en conxunto. O resultado, a Asociación Galega de Concellos de Danzas Brancas ou Gremiais.

Se hai un trazo común a todas elas -ademais de que só se celebraban o día do patrón- é o branco do seu vestiario, que representa, en palabras de Xosé González, "a pureza", posto que a maioría delas están relacionadas co culto mariano. O de gremiais débese a que a maioría son tributos relixiosos dos diferentes colectivos, como o dos mariñeiros.

"O obxectivo da asociación é que a xente goce e coñeza" eses bailes que lle dan identidade cultural a cada unha das pequenas parroquias de onde proceden. Desta forma, velarán "polas que xa existen" do mesmo xeito que intentarán que sexan "coñecidas polas máis das xentes", asegura Xosé González. Todo iso co fin de potenciar a "autoestima de conciencia cultural" destes núcleos.

Por varios motivos, moitas destas danzas deixaron de bailarse e, por tanto, de estar vivas. Mentres que antigamente "era un privilexio" converterse en danzante, cada vez dáse unha maior "falta de interese polo autóctono", afirma un dos idearios deste ambicioso proxecto.

Repartidas a maioría polo sur de Galicia, as danzas ourensás están xa recuperadas polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo -que é tamén membro do proxecto-; unha iniciativa que a Asociación de Danzas Brancas busca estender ó resto de provincias do país.

Un congreso que axude a comprender as particularidades de cada danza, a creación dunha páxina web para a súa difusión, unha exposición itinerante e un catálogo que recolla a tradición dos preto de trinta municipios con este tipo de baile son algunhas das iniciativas que a asociación acometerá este ano como primeiro paso para apontoar este patrimonio cultural en vías de extinción.

O intercambio de riqueza cultural entre os municipios membros é un dos alicerces fundamentais dunha asociación que hai pouco menos dun ano comezaba a constituírse co claro propósito de non deixar caer no esquecemento parte dese rico patrimonio inmaterial creado polo "xenio popular".

 

A CLAVE

Un cambio de mentalidade

Nos últimos anos, o patrimonio inmaterial comezou a ser valorado no seu xusto valor. Ese cambio de mentalidade é a demostración de que Galicia empeza a madurecer culturalmente.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS