Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

LIBRO

Crítica feroz do capitalismo

10.04.2011 

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE

Pertrechados con infinitas doses de ironía, Marcos Prior e Danide realizan unha crítica feroz do capitalismo nas páxinas do seu novo cómic, Fagocitosis, onde ambos os autores deciden axustar contas cos responsables da crise económica.

"Realízanse falsas predicións respecto da viabilidade das pensións, sectores estratéxicos da economía escapan ao control democrático vía privatizacións, os responsables de crimes económicos contra a humanidade eludiron a xustiza...", sinala o guionista Marcos Prior. Cargado de malicia e humor, o cómic convértese nunha aldrabada contra as partes máis abxectas da sociedade de consumo. "Pretendiamos crear un quebracabezas, unha vomitada de realidade, pero sen deixar de vista o lúdico. A prioridade tamén era buscar o pracer de ler un cómic", asegura Prior. A sucesión de historias curtas pode deixar o lector con sensación de perplexidade, pero conforme se avanza na lectura das páxinas, comeza a albiscarse unha sorte de paisaxe xeral onde todo vai adquirindo perfecto significado. "Este formato xorde desde o inicio como unha visión fragmentaria para achegarnos de maneira máis ou menos exacta á nosa percepción do mundo circundante", apunta.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS