Venres 03.09.2010
| Actualizado 10.39
Hemeroteca web
|
RSS
A Consellería de Cultura promoverá a lectura a través do intercambio de libros nos centros de información ás mulleres (CIM) de dez municipios galegos. O seu obxectivo é que tamén se poñan en común opinións sobre as obras en cuestión e, así, se reforce a concepción da lectura como alternativa de ocio.
O programa Cruzandolibros, froito dun convencio da Consellería de Cultura e da Secretaria Xeral da Igualdade, aspira a crear un club de lectura mediante o achegamento ao público feminino, entre o que hai máis hábito de ler que no masculino, nunha iniciativa de bookcrossing -deixar libros en lugares públicos para que poidan ser recollidos por outras persoas--.
Os interesados poderán recollelos nas dependencias dos CIM dos municipios que participan na iniciativa e, tras a súa devolución nos puntos de entrega ou noutros espazos, prestaranse a outras persoas. As obras estarán identificadas para facer un seguimento. Os concellos que participarán na primeira fase serán Arteixo, Padrón, Vilalba, O Carballiño, Lalín, Ribeira, Monforte, Verín, Vilagarcía e Ponteareas.