Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.09.2019 Actualizado 20:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

convenio

Cultura e Gálix estudan a proxección exterior

Centrada na Literatura infantil

REDACCIÓN   | 14.01.2011 
A- A+

O director xeral do Libro, Francisco López, reuniuse onte coa nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix) para tratar as liñas de colaboración. Entre os temas que se trataron destacan a presenza de Galicia na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, que se celebrará do 28 ó 31 de marzo, e onde se presentará a edición do Catálogo do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia da 2011. Ademais, acordouse a posta en marcha dunha serie de iniciativas dirixidas a apoiar a imaxe da literatura nas primeiras etapas da vida das persoas, nas que, segundo a Xunta, Galicia conta xa cun "gran prestixio internacional".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS