Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 18.05.2013
| Actualizado 11.27
NA estreada mañá
o xigante acazapado
agarda mais unha vez
apresar o sol
coa súa malla metálica e cerebral.
E un dragón inacabado
que durante a noite soña
o dominio da arxila en que naceu.
Porén, dixire apresado e temente
a lanza de ferro que todo o atravesa.
Día tras día,
como un prometeu transxénico
que devora as súas entrañas,
come e crece,
misteriosamente,
co pan,
que como o caníbal lle ofrecen.
